Primeiros Auxilios

PRIMEIROS AUXILIOS:

Aquelas actuacións ou medidas que se adoptan inicialmente cun accidentado ou enfermo repentino, no mesmo lugar dos feitos, ata que chega a asistencia especializada.

Cando nos atopamos cun accidente normalmente esta primeira persoa que atende nunca é un sanitario, no noso caso acostuma ser un profesor ou un compañeiro.


Dentro do protocolo PAS, debo ter en conta:

O aviso pode ser en principio a un profesor, adulto ou outro compañeiro.

Pero se este aviso é a emerxencias, deberá realizarse chamando ao 061.

Tamén é moi importante que nesta información ao 061 se lle dea primeiramente a nosa UBICACIÓN.

Nestes exercicios imos coñecer material e instrumentos cos que nos podemos atopar no noso botiquín do colexio.

  • FERIDAS


    Lesión normalmente sangante que se produce nalgunha parte do corpo.










  • CONTUSIÓN


    Dano que se produce nalgunha parte do corpo a causa dun golpe que non xera ferida exterior.


  • ESCORDADURA


    Lesión que afecta aos ligamentos (tecido que conecta os ósos para limitar e dirixir o seu movemento).


  • PICADURA


    Ferida de pequenas dimensións que se produce polo aguillón, a mordedura ou o contacto cun animal.


  • EPISTAXIS


    Sangar polo nariz.




  • FRACTURAS


    Rotura total ou parcial dun óso.












CONCEPTOS DIFERENTES