Lesións
O NOSO TESOURO

Todas as partes do noso corpo son moi importantes e debemos coidar delas en todo momento; pero hai unha que merece mención especial pola función que ten e polo dano que se lle pode facer.

Na maioría dos casos non somos conscientes mentres somos rapaces, pero a medida que medramos ela nos vai avisando que segue aí e vai seguir sendo o "sostén do noso corpo".

Trátase da Columna Vertebral.

"Manter posturas axeitadas con respecto a nosa columna vertebral"


COLLER UN PESO DE FORMA CORRECTA

- Agacharse cos xeonllos flexionados.

- Axudarnos da forza das pernas para

levantar o material.


COLLER UN PESO DE FORMA INCORRECTA

- Nunca utilizar o tronco coas pernas

estiradas.