Lesións
CONCEPTO, TIPOS E PREVENCIÓNS

Tendo en conta todo o que estivéstedes vendo na parte teórica, agora imos intentar clarificar os concepto de lesión así como a súa clasificación, a través das seguintes actividades.

  • MÚSCULO


    Órgano composto de fibras que producen o movemento no noso corpo.


  • LIGAMENTO


    Cordón fibroso que une os ósos das articulacións.


  • ÓSO


    Parte dura do esqueleto.


  • ARTICULACIÓN


    Unión entre dous o máis ósos.


  • TENDÓN


    Fibras que unen os músculos aos ósos.


Neste apartado imos facer actividades que nos axudarán a evitar algún tipo de lesión que se nos pode producir facendo EF ou actividade física.

Debemos utilizar o material deportivo correcto facendo actividade física e xogando:
O calzado, non se debe utilizar se é posible calzado doutros, xa que pode haber alteracións da marcha e poden producir máis problemas. Débese usar zapatillas deportivas que suxeiten ben a articulación do nocello e que o pé vaia ben suxeito para evitar escordaduras.
Os cordóns deben ir sempre atados e nunca floxos ou sen atar, xa que senón, o pé irá demasiado solto e a musculatura da pranta do pé terá que actuar con maior intensidade para que este non saia da zapatilla.