A TRADICIÓN CLÁSICA NO LÉXICO ACTUAL
Cuestionario de resposta breve
Teclea a túa resposta e despois preme no botón "Comprobar" ou INTRO. Se necesitas axuda fai click no botón da pista e recibirás unha letra máis.
Cal era o nome completo da terceira muller de Claudio?
Nome do rei de Lidia que se beneficiou do río Pactolo e que hoxe usamos como sinónimo de riqueza.
O sepulcro de Mausolo atópase en
Mausolo era o rei de
Cando obtemos algo a un prezo moi alto dicimos que se trata dun logro
Quen proclamou “o meu pai non me deixa nada por conquistar”.
Quen envexaba a luxosa e cómoda vida de Dionisio o tirano de Siracusa?
Cal é o nome da segunda muller de César?
Que pobo antigo posuía arqueiros que disparaban mentres finxían unha retirada?
A que personaxe da historia antiga se fai referencia nesta frase “á muller do César non lle basta con ser honesta, debe parecelo”.
En que cidade do centro de Italia perderon as súas forzas os soldados de Aníbal?
A que colina de Roma aludimos para expresar unha protesta contra os poderes gobernamentais?
Que nome reciben as discusións inútiles e sen sentido?
Nome do rei frixio que ofreceu a Zeus o seu carro atándolle unha lanza e un xugo.
Indica o nome do desfiladeiro de Italia central no que o exército romano tivo que aceptar unha rendición humillante?
Que cidade da Magna Grecia era coñecida polos seus praceres?
Onde se atopaba a illa de Faros?
A palabra traballo ten a súa orixe no substantivo latino............., que significaba “tres paus”.
A palabra bacharelato do latín ..................“coroado con bagas de loureiro”
No mundo romano a palabra album facía referencia a un encerado branco no que se expoñían os......