DOBLAR O MAPA E SINALAR CO PULGAR
É fundamental, para chegar a ser un bon orientador, levar sempre ben orientado o mapa. Non é menos importante que o dedo sinale sempre a posición do mapa, polo que neste apartado tentaremos aprender como facelo.
É moito máis fácil orientarnos se o mapa está ben orientado ao terreo. Pero que significa iso? Significa que todo no mapa corresponde á realidade. Poderas observarlo se colles o teu mapa da aula e te preguntas ónde estás sentado e óndes estás sentado no plano, se está ben orientado e os elementos situados correctamente teñen que coincidir. Agora podes facer outra proba. Oriéntao mal. Quen esta sentado no teu sitio?
Hai dous métodos principais para orientar o mapa:
Utilizando os elementos do terreo. Neste método axudaranos a técnica do pulgar.
Utilizando a brúxula.
O mapa de orientación soe ter o tamaño de A4, para orientarnos debemos doblalo pero... como?
Exercizo: Dobra o mapa tanto como sexa posible ata un tamaño un pouco maior que a túa man, para que non abulte moito e poidas manexalo ben. Débese ver claro o tramo que imos realizar e todo o se poida do seguinte. Deixaremos máis marxe cara un lado para poder agarralo. Se está ben doblado e moi sinxelo xirarlo para mantelo orientado.
Pulgar. Imaxe sen autor recoñecido en Banco de Imaxes Intef BY NC CC
Exercizo : Co mapa ben dobrado, utilizaremos o dedo pulgar da man que po suxeita para ir señalizando a posición onde estamos.Levaremos diante de nós o mapa de xeito que a liña que vai dende a saída ao control 1 saia da nosa posición. Teremos que xirar ata que o mapa esté encarado cara dito control. Despois de conseguilo desprazámonos. Tentaremos como xa dixemos que se vexa o control no que estamos, neste caso o 1 e o seguinte, o 2. Xiraremos ata encarar o control 2 co mapa orientado. Levaremos o mapa de xeito que o noso pulgar esté detrás do control 1 ( onde nos encontramos). Se o pulgar non chega ao círculo da baliza, dobrámolo máis para conseguir que o faga. A continuación xa podemos desprazarnos ao control 2. Levaremos e dobraremos o mapa de xeito que estemos encarados ao control 3 e así sucesivamente.
Por parellas, co mapa da aula, e con balizas marcadas, tentamos doblar correctamente o mapa e pór en práctica a técnica do pulgar. Un practica e o outro grava. Despois ao revés. Despois das gravacións montade un vídeo e enviádello ao voso docente polo medio que el decida.
Pregunta Verdadero-Falso
Le detidamente as preguntas e selecciona a resposta correcta. Só hai unha en cada pregunta.
Debemos dobrar o mapa para orientarnos?
Utilizamos o índice para marcar no mapa?
Encaramos un novo control como mapa orientado.
Actividad de lectura
Visita este sitio web da Federación Española de Orientación Deportiva:
Lectura proposta
Le detidamente o artigo.
ACTIVIDADE
- Resume o seu contido utilizando a pescuda de datos puros.
- Realiza un esquema cos datos puros.
- Fai estudo do esquema.
- Anótate na folla de exposicións se queres explicar como relacionache os datos puros.
- Participa no debate de traballo.
