O guión e a diérese (e exercicios)
O guión emprégase para:
Partir unha palabra ao final de liña. En caso de
palabras derivadas por prefixación recoméndase separar o prefixo da base: hiper-
/mercado. Agás nesta situación, deben escibirse subdirector, vicedecano,
postoperatorio, etc. A única excepción é: ex director.
Unir os elementos dalgunhas palabras compostas: cantigas
galego-portuguesas.
Coas segundas formas do artigo cando estas van despois
de formas verbais rematadas en –r ou –s (optativo: saber a lección ou sabe-la lección); cos pronomes nós, vós, nos,
vos, lles (optativo: fomos nós os dous ou fomos nó-los dous). Só é obrigatorio co adverbio interrogativo U:
u-los óculos?
A diérese emprégase:
Sobre o u dos grupos gue, gui para indicar que
se pronuncia o u.
Coa letra i na p4 e p5 do copretérito dos verbos
rematados en –aer, -oer, -aír, -oír para distinguir estas formas das do
presente de subxuntivo: saïamos, saiamos.
Coas mesmas formas dos verbos rematados en –uír, aínda
que non hai posibilidade de homonimia: contribuïamos, contribuamos.
Moïamos (prs.
Subx.)
Moïamos (pret.
Imperf.)
Lingüa
Lingüística