1. Documentación

A composición de textos considera tanto o produto final como o proceso que se segue para logralo.  Agora ben, o proceso adopta un interese especial no ámbito escolar en canto que supón planificar, redactar, revisar e reescribir, editar e frecuentemente tamén expoñelo en público, o que fomenta de forma permanente a capacidade de reflexión, a interiorización e o dominio, por parte do alumno, destes textos que son os máis frecuentes no ámbito escolar (ÁLVAREZ, 2010, p. 78)

REFLEXIÓN CRÍTICA

“A escribir apréndese escribindo e a escritura “de verdade” esixe tempo e proxectos que teñan certa envergadura”  (DOLZ, 2010,  p.85)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0