1.2. Exposición oral
Normalmente, cando se remata un proxecto de investigación, ademais de facer un informe escrito, deberemos compartir co resto da clase as ideas principais que recollemos no informe.
Ademais de usar a palabra, podemos apoiar a nosa exposición oral con algún tipo de recurso audiovisual: unha presentación de diapositivas, un mural, un panel de imaxes,… Isto axudará a captar a atención e nos servirá de guía.