1.1.2. Redacción do informe

Cando presentamos as conclusións dunha investigación, podemos facelo en forma de documento escrito, o informe, en forma de documento dixital, algún tipo de presentación con diapositivas, audiovisual,… Tamén solemos  facer unha presentación oral para o resto dos compañeiros da clase.  Unha combinación de informe escrito, presentación dixital ou audiovisual e unha presentación oral sería un bo colofón para un traballo de investigación.  Ademais, podemos escribir un artigo co resumo das conclusións para unha revista escolar, para un blog,…

INFORME

ESTRUTURA INFORME

PORTADA: irá na primeira páxina do informe, xunto co nome do equipo e dos seus compoñentes, tamén pode incluírse o clase e a materia para a que se fai.  Poden incluírse imaxes, debuxos, …

ÍNDICE: partirá do esquema numerado que incluímos no guión. Ao lado de cada apartado poremos a páxina na que se inicia

INTRODUCIÓN: é a presentación do voso traballo: tema do que trata, contidos específicos que incluídes,  forma en que está organizado…

CORPO DO INFORME: desenvolve cada un dos puntos do esquema numerado do guión.  É dicir, recolle, organizadamente, toda a información que elaboraches ao longo da investigación.  Nesta parte podedes incluír gráficos, imaxes, mapas, esquemas,… todo o que consideredes necesario para mostrar o que atopastes.

CONCLUSIÓNS: é a parte final do informe.  Aquí se recollen as impresións sobre o tema, como vos sentístesvos, dificultades atopadas, que aprendestes sobre o tema…

BIBLIOGRAFÍA: é unha lista con todas as fontes de información que utilizastes na vosa investigación, incluídas imaxes, vídeos, libros, enciclopedias… 

ANEXOS: si é necesario, podes incluír documentos elaborados por outras persoas e que queres que formen parte do teu informe: gráficas, táboas, escritos,…  Este apartado é sempre opcional.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0