1.4. Valoración dos documentos analizados
A valoración de documentos consiste en valorar unha serie de aspectos que permitirán seleccionar os documentos que imos utilizar, despois de telos considerado útiles e rexeitar os que consideramos pouco importantes. Coa axuda do seguinte cuestionario podes analizar os documentos que vas atopando e seleccionar os que realmente che interesan.
Cando buscamos en internet é probable que atopemos numerosas páxinas que responde ao noso criterio de búqueda. ¿Como saberemos si cada unha das páxinas son fiables e responden ao que eu busco? É importante avaliar a información que atopamos xa que en internet publica calquera sin pasar ningún proceso de revisión; polo que podemos atopar información inexacta ou pouco válida. Para axudarche a valorar a información que atopas debes ter en conta as seguintes cuestións
1. Autores da información: hai que identicar ao/s autor/es da información atopada, para saber si esta é fiable, é decir, se nos dá confianza ou non. É moi importante averigüar si o autor/es son expertos na materia da que falan. Para iso debemos comprobar o seu currículo persoal, si ten un correo electrónico de contacto… O autor tamén pode ser un organismo de recoñecido prestixio. Nos documentos escritos, moitas veces, ao final ou ao principio ven unha breve reseña dos seus autores (nos libros, na contraportada); na web, ás veces, deberemos buscar o autor/es para comprobar si son expertos na materia.
2. Contidos: deberemos valorar si o contido dá resposta ás necesidades de información. Para iso comprobaremos si a linguaxe que emprega o entendemos (si é moi complexo, non nos será de utilidade); si é unha información que podemos contrastar, coas fontes bibliográficas que reseñan os autores; si é unha información obxectiva, é dicir, non só son opinións do autor, ou se trata de convencernos de algo (nestes casos, non sería unha información útil)... Tamén debemos comprobar a amplitude dos contidos tratados, si o aborda con profundidade ou superficialmente; si trata todos os aspectos do contido ou só unha parte...
3. Actualización da información: debemos comprobar a data da publicación da páxina ou documento atopado, porque a información pode estar desfasada. Nos libros, no interior da cuberta, adoita a recollerse a data da última publicación; nas webs, os autores que manteñen actualizadas as súas páxinas adoitan recoller a data da última actualización.
4. Autenticidade: debemos comprobar si a información é auténtica do autor que di ser ou é un plaxio. Cando investigamos, lemos ideas doutras persoas para formarnos a nosa propia non para copiala. Lembra que sempre debemos citar as fontes das que extraemos as ideas do noso traballo. Un autor que plaxia é pouco fiable e a información que nos dá non nos serve, deberemos ir ás fontes das que el plaxiou.
5. Destinatarios: debemos averiguar a que tipo de público vai dirixido á información que atopamos, cando facemos un traballo de investigación necesitamos información con rigor académico, polo que debemos seleccionar a información de expertos e/ou institucións especializadas.
6. Enlaces: si a páxina ten enlaces a outras, deberemos comprobar que están vixentes e que son apropiados para o tema; que non nos desvían a páxinas publicitarias,...
7. Lexibilidade e deseño: debemos comprobar que a páxina non ten erros ortográficos ou gramaticais (sería un síntoma dunha páxina pouco rigurosa); que entendemos o que di; que ten unha boa presentación, esquemas, índices, gráficas axeitadas, estructura axeitada...
8. Publicidade: si a páxina ten publicidade, hai que fixarse de que tipo é, si está separada claramente do contido da páxina