1.3.1. Estratexias e técnicas de comprensión

Solé (2010, leer.es) fala de estratexias de comprensión lectora como as accións intencionadas que despregamos para comprender os textos.  Teñen que ver coa realidade da complexidade da comprensión.  Estas estratexias poden ensinarse e poden aprenderse.

Existen moitas estratexias para abordar a lectura crítica dun texto e, polo tanto, a súa comprensión.  As estratexias levan aparelladas unhas técnicas que, ben utilizadas, redundan en que a estratexia conduza á apropiación do contido do texto e, finalmente, a produción de coñecemento. 

Entre as estratexias SANZ (2003, p. 35) cita Hernández que distingue:

  • Estratexias de apoio: son aquelas que axudan ao estudante a poñerse a traballar; están relacionadas con factores de motivación e personalidade.
  • Estratexias de procesamento da información: estratexias como a organización e planificación da tarefa, o procesamento profundo da lectura, encádranse neste tipo de estratexias
  • Estratexias metacognitivas: son aquelas que facilitan o coñecemento dos procesos involucrados na tarefa.  O decatarse de si se comprende ou non, ser consciente do que estamos a facer para comprender o texto, son estratexias metacognitivas.

TEXTO

Podemos resumir o proceso de lectura crítica así, seguindo a MADALENA (2011):

LECTURA DE TEXTOS
Madalena, 2011

Para facer unha lectura profunda, que leve a unha comprensión crítica, podemos axudar ao alumnado traballando unha serie de técnicas:

→ Antes da lectura

As actividades previas á lectura teñen a finalidade de contextualizala. Diversos autores propoñen actividades para activar os coñecementos previos do alumnado e para contextualizar o texto, entre elas:

♦ Aclaración do vocabulario específico do tema que imos a abordar

♦ Buscar as palabras-clave e os temas principais que se abordan

♦ Discusións dirixidas na clase para activar o que sabemos e o que non sabemos

TÉCNICAS IDEAS PRINCIPAIS

→ Durante a lectura profunda e analítica 

O lector nesta fase debe adoptar unha postura analítica e debe realizar a lectura con disposición activa, distinguindo os feitos das opinións, concretando os obxectivos no fragmento que le e determinando as informacións de maior importancia. 

Un dos primeiros aspectos a ter en conta é que non hai unha guía pechada para ler textos, xa que hai unha variedade moi ampla de tipos e con diferentes presentacións. 

Técnicas que favorecen a comprensión durante a lectura:

♦ Anotacións: consiste en escribir ao lado de cada parágrafo as palabras-clave que sintetizan o seu sentido

♦ Liñas verticais á marxe: úsanse para destacar todo un parágrafo que sería demasiado longo para ser subliñado.

♦ Asteriscos ou outros signos á marxe: para destacar argumentos ou parágrafos (*), sinalar dúbidas  (?), a importancia dunha idea (!),…

♦ Tiras de papel das páxinas, para sinalar as páxinas máis destacadas, sobre as que hai que volver

♦ Rodear cun círculo as palabras-clave

♦ O subliñado

SUBLIÑADO  EXEMPLO SUBLIÑADO

                                                                                                                        Aprendendo a estudar. O oficio de estudante

 

♦ O resumo: o resumo de textos é proceso complexo que require o dominio de diversas habilidades: comprender e distinguir ideas importantes, xerarquizalas, preguntarse pola relevancia das mesmas, descubrir a estrutura do texto…

Segundo SANZ  (2003, p. 50), “o resumo implica o grao mais profundo da comprensión lectora” e seguindo a Aebli sinala que resumir un texto significa reducilo ás afirmacións esenciais que contén.  Pódese mellorar a técnica do resumo facendo actividades que impliquen:

.- A relectura como medio de busca de información e síntese

.- A elaboración de esquemas e mapas conceptuais

.- O hábito de autocuestionarse ao fío da lectura, tomando conciencia do logro da comprensión

.- A utilización de algunhas técnicas como o subliñado, toma de notas,…

.- A comprensión das ideas principais

RESUMO EXEMPLO RESUMO

♦ Esquemas e mapas conceptuais

A utilización de esquemas, mapas conceptuais,... é unha das técnicas que poden incidir poderosamente na comprensión analítica dos textos, xa que presenta esquematicamente as ideas e as súas relacións.  Calquera dos formatos que escollamos (mapas conceptuais, esquemas) ten a característica da reorganización da información, por iso, falamos de técnicas de procesamento profundo da información.

Os esquemas son máis simples que os mapas conceptuais xa que non engaden conectores.  Hai diferentes tipos de esquemas:

  • De números: é útil, entre outras cousas, para os índices dos traballos de investigación, e establece a orde e xerarquía dos contidos do mesmo.
  • De chaves: é útil para establecer relacións entre os conceptos e ideas e visualizar as ideas principais e secundarias dun documento, xa que é unha representación xerárquica. As ideas máis xerais sitúanse á esquerda e as máis concretas á dereita.
  • De frechas: é a representación gráfica da rede de secuencias lóxicas de actividades necesarias para realizar un proxecto.

ESQUEMA NUMEROS ESQUEMA CHAVES ESQUEMA FRECHAS

Os mapas conceptuais son maneiras de relacionar as ideas, conceptos dun xeito dun xeito moi gráfico e visual. 

 MAPA CONCEPTUAL

 EXEMPLO MAPA CONCEPTUAL

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0