1. Documentación
“Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo. Para isto, aproveitaranse as posibilidades que ofrecen as metodoloxías de proxectos, entre outras, así como os recursos e as actividades da biblioteca escolar” (Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, art. 11.9)
“A investigación require formularse preguntas. Si non hai un interrogante ou un obxectivo explícito non hai investigación real. Un proxecto de investigación non é unha actividade de busca informativa senón unha tarefa que nace e se desenvolve coas premisas do método científico. A busca e recuperación de información é solo unha das súas fases. (…)
As tarefas de investigación ou situacións-problema necesariamente han de impulsar ao alumnado a ir máis alá, a pensar e xerar coñecemento persoal non unicamente a reproducilo. A activar procesos de pensamento de alto nivel