1.5. Desenvolvemento do Plan de Traballo

O Plan establecido irase desenvolvendo seguindo a distribución de tarefas establecidas, os tempos estipulados e tendo en conta os obxectivos previstos; contando, ademais, coas sucesivas revisións do Plan de Equipo.

Con todas estas decisións tomadas, para iniciar o traballo de investigación, cada equipo seguirá os pasos seguintes:

             √ Identifica as necesidades de información

             √ Localiza as fontes informativas

             √ Analiza a información obtida

              Interpreta e valora a información atopada

             √ Organiza e reelabora a información

             √ Estrutura a información

             √ Reelabora a información para crear novo coñecemento

             √ Presenta e comunica o seu produto

Estes pasos son que se describen nas Unidades Didácticas seguintes (2 á 7), e que basicamente forman parte do traballo para o desenvolvemento da competencia informacional. É dicir, o alumnado terá que localizar a información acudindo a distintas fontes de información en diversos soportes; deberá analizar, interpretar e valorar a información obtida; organizar, reelaborar e estruturar as ideas; tratar de respostar ás preguntas formuladas; elaborar un guión;  que nos queren contar; escoller un formato par presentar as súas ideas aos demais grupos. Ademais, deberá aprender a citar fontes, facer unha bibliografía e coñecer os dereitos de autor; así como as posibilidades e riscos que nos ofrece a web  2.0., xa que usaremos as TIC para buscar información, crear e compartir o noso coñecemento.

Para que cada equipo poida traballar colaborativamente tanto na aula como na casa, na recompilación de información e na elaboración de novo coñecemento utilizarase algunha das ferramentas TIC que permitan crear documentos, presentacións,… e traballar todos os membros dun equipo ao mesmo tempo, tipo Google Drive, Google Classroom,… 

Ademais, pode ser moi útil utilizar unha ferramenta TIC para compartir o proceso de investigación coa comunidade educativa, crear un blog ou similar, onde iremos subindo fotos de como imos realizando a investigación, saídas, visitas,…  Ademais, podemos poñer a disposición do alumnado documentos, enlaces web… para que o alumnado os utilice como fontes de información, aqueles que consideramos imprescindibles, segundo o tema que esteamos a investigar.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0