1.1. O Proxecto de Investigación

Na nosa proposta imos entender por Proxecto de Investigación unha estratexia didáctica para que o alumnado desenvolva as competencias ligadas á alfabetización informacional, partindo dun modelo educativo construtivista, de construción de coñecemento, non só de consumo e asimilación do mesmo. Un modelo no que se orienta á aprendizaxe como construción de coñecemento a partir de situacións problemáticas, no que o alumno pode aproximar as súas actividades a un traballo científico á hora de abordar os problemas.

 “A investigación require formularse preguntas. Si non hai un interrogante ou un obxectivo explícito non hai investigación realUn proxecto de investigación non é unha actividade de busca informativa senón unha tarefa que nace e se desenvolve coas premisas do método científico. A busca e recuperación de información é solo unha das súas fases. (…)

As tarefas de investigación ou situacións-problema necesariamente han de impulsar ao alumnado a ir máis alá, a pensar e xerar coñecemento persoal non unicamente a reproducilo; a activar procesos de pensamento de alto nivel cognitivo. Corremos o risco de xerar procesos excesivamente simples que leven ao noso alumnado a   "cortar" e "pegar" información. Si o fan será porque na tarefa suscitada é posible que non sexa necesario pensar de forma reflexiva senón unicamente pensar para identificar e reproducir información”.  (Durban en Bibliotecaescolar.info, consulta: 24/11/15)

 Ao mesmo tempo, como xa indicamos na Unidade Didáctica 0, imos utilizar como metodoloxía de traballo a técnica cooperativa Grupos de Investigación, segundo Pujolás (2003), citando a Echeita e Martín (1990), esta técnica é moi parecida ao que denominamos método de proxectos ou traballo por proxectos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0