1.1.Os dereitos de autor

Os dereitos de autor son un conxunto  de normas e principios que regulan os dereitos dos autores, polo simple feito de crear unha obra, estea publicada ou non (inédita). Este dereito é automático dende o momento en que a obra é creada e afecta a todos os seus autores.

 Os dereitos de autor son de dous tipos:

a)  Morais; inclúen aspectos como o recoñecemento do autor da obra, e o recoñecemento do nome do artista na exhibición ou interpretación da obra.Tamén inclúe o dereito á integridade da obra, a non modificala, se o autor non quere.

b)  Patrimoniais; son os que dan dereito ao autor ao cobro pola copia, distribución, uso da súa obra

 Os dereitos patrimoniais caducan entre os 50 e os 100 anos despois da creación da obra.  Pero os morais perduran para sempre, por iso é importante facer alusión sempre ao autor dunha obra.  Dise que unha obra é de dominio público cando xa caducaron os dereitos patrimoniais, pero non debemos esquecer que os dereitos morais do/s autor/es perduran para sempre.

           DEREITOS DE AUTOR 

 OBRAS

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0