1.1. Localizar e seleccionar recursos físicos
ORGANIZACIÓN DOS FONDOS DA BIBLIOTECA
As bibliotecas organizan os seus fondos documentais co obxectivo de que os documentos poidan ser atopados rapidamente para ser utilizados. O sistema utilizado nas Bibliotecas é a Clasificación Decimal Universal, CDU, un sistema universal segundo o cal se ordenan tematicamente os documentos e se colocan nas estanterias; a partir desta clasificación se crea unha signatura topográfica para cada documento.
A continuación tedes unha presentación sobre a organización dos fondos da biblioteca:
RECURSOS FÍSICOS DA BIBLIOTECA
Clasificación decimal universal by Elena López Vara e Begoña Otero Riobó is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.