1.1.2. O catálogo
Un catálogo é unha base de datos que nos permite coñecer que materiais (libros, revistas, vídeos, CD-Roms, DVDs , etc.) ten unha biblioteca, onde se atopan estes documentos e cál é a súa dispoñibilidade. Hoxendía utilízanse catálogos automatizados e dixitalizados.
O catálogo é a ferramenta principal de que dispón a biblioteca para buscar información.
O catálogo reúne os rexistros bibliográficos ou fichas de todos os documentos que hai nunha biblioteca.
Cando un documento escrito chega por primeira vez á BE hai que catalogalo, para favorecer o seu arquivo e localización cando o necesitemos. A catalogación consiste, basicamente, na descrición de cada documento que chega á nosa biblioteca para favorecer a súa localización posterior.
Os rexistros ofrécennos información (autor, título, ano de edición, editorial...) sobre os documentos e tamén nos indican a súa situación dentro da biblioteca.
Cando catalogamos un documento, adxudicámoslle (ou o programa informático faino automaticamente) un número, número de rexistro, que aparecerá na primeira páxina do libro non escrita (a guarda), precedido da letra R- (por exemplo, R-3415). Este número é correlativo e único para cada exemplar. Así por exemplo, se temos dous exemplares de Crónicas de una muerte anunciada, cada un deles terá un número de rexistro diferente (aínda que o título e autor sexan os mesmos); así, saberemos se un está prestado e outro non, quen ten prestado cada un deles,...
→¿Que atopamos no catálogo?
- Os datos descritivos que representan ao documento.
- Os datos de localización deste documento dentro da biblioteca.
- Os datos de dispoñibilidade do documento.
→O Catálogo Meiga