1.3.4. Consulta na rede
A forma máis doada e cómoda de acceder á información que hai dispoñible en Internet é a través do WORD WIDE WEB (www):
- É un sistema baseado en hipertexto que facilita a navegación por Internet. Pero non só é hipertexto senón tamén multimedia xa que permite acceder a información en formato texto, gráfico, de audio e audiovisual.
- A información no www aparecen en forma de páxina, que se denomina "páxina web" ou simplemente web.
- Cada páxina ten o seu enderezo ou URL para que poida ser localizada doadamente. Ex: ( http://www.elpais.es )
- HTML ( Hipertext Markup Language) é a linguaxe que permite reproducir documentos na www.
A páxina web: é un arquivo informático que inclúe texto nun formato especial para a súa difusión (html). Poden conter texto, imaxe, son, vídeos,...Non están numeradas e non se corresponden cunha páxina dun libro. Lense desprazándose polo texto arriba e abaixo.
Na rede hai moita información. Para axudarnos a atopar información nesa rede están os buscadores, ferramentas que nos permitan obter información útil dunha maneira eficaz. Non son mais que programas informáticos que nos permiten acceder a xigantescas bases de datos.
Os motores de busca ou buscadores mais coñecidos son: google, Yahoo!, Ask, Altavista, MSN, AOL, AlltheWeb, Go, Netscape Search... Aínda que Google é mais famoso e usado actualmente, convén que saibas que este buscador se basea no concepto de popularidade, que determina que as páxinas que aparecen mais arriba nas listaxes de resultados da busca son que teñen mais enlaces doutros sitios web.
En internet tamén hai índices, chámanse mapas do sitio web. O índice de contido dunha páxina web pode aparecer á esquerda, no centro ou na dereita da páxina; depende o deseño que teña. Algúns aspectos sobre a navegación web:
- Cando estás navegando nunha páxina web, si queres ir ao principio tes que buscar a palabra inicio (home en inglés) ou a icona dunha casa.
- A palabra do índice ou subíndice na que estás buscando aparece noutra cor.
- Cando estás nun índice ou nun subíndice, si ao poñer o cursor sobre unha palabra, esta se transforma nunha man cun dedo índice estirado, quere dicir que é un enlace a outra información.
Para acceder á información buscaremos unha páxina no noso ordenador, descubriremos o seu contido e teremos a opción de acceder a máis páxinas a través de enlaces que nos levarán a outra información complementaria ou relacionada.
En Internet podes atopar en liña as fontes de información máis habituais dispoñibles nunca biblioteca: obras de referencia, monografías, publicacións periódicas electrónicas.
Pero tamén atopas novos tipos de fontes de información específicas da rede:
- Portais especializados
- Webs especializadas
- Webs corporativas ou comerciais
- Webs de grupos (colectivos, asociacións,…)