1.3.2. Consulta de monografías
a) Partes físicas dun libro
Nun libro debemos distinguir a parte física da parte documental. Na parte física, á súa vez, distinguimos as partes externas das partes internas.
|
PARTES FÍSICAS DUN LIBRO |
|
|
PARTES EXTERNAS |
PARTES INTERNAS |
|
|
|
2. Lomo: nel pégase a etiqueta coa signatura que nos serve para ordear o libro na Biblioteca. Nel figuran o título e o autor, tamén o anagrama da editorial. |
2. Anteportada ou portadilla: precede á portada e nela figura o título do libro. É a primeira páxina impresa do libro. |
|
3. Sobrecuberta ou camisa: ás veces a cuberta aparece protexida por un forro de papel. Nela aparecen, como na cuberta, o título do libro, o autor ou autores e a editorial na que está publicado. |
3. Portada: nela aparece o título completo do libro e o seu autor. No reverso da portada aparecen os dereitos da obra, o ISBN, o título orixinal, o traductor si o orixinal escribeuse noutro idioma e o número de edición. |
|
4. Solapa: ás veces, a solapa dóbrase cara adentro. Esa doblez recibe o nome de solapa. Nela pode aparecer unha breve reseña biográfica do autor do libro ou o argumento do mesmo. |
4. Páxinas: son as follas que compoñen o libro propiamente dito. As páxinas impares sitúanse á esquerda do libro e as pares á dereita. |
|
|
5. Colofón: aparece na última páxina impar. Nel se consignan o lugar de impresión, data e nome da editorial. |
b) Parte documental dun libro:
→Índices
- Índice de contido: nel veñen os títulos de todos os capítulos do libro no orde en que aparecen no libro, indicando a páxina na que comeza o capítulo. Pode aparecer ao principio ou ao final do libro. Pode recibir os nomes de índice, sumario, índice xeral ou contido.
- Índice temático: figuran os termos mais importantes que aparecen no libro. Si o hai, está sempre na parte final do libro. Ás veces, aparecen números de páxinas separados por guión, quere decir que nesas páxinas hai información sobre ese termo. Denomínase tamén índice analítico, índice de materias ou índice de nomes.
- Índice onomástico: nel se recollen os nomes propios que aparecen no libro. Atópase na parte final do libro. Ás veces, o libro non ten índice de nomes e estes aparecen recollidos no índice temático.
- Índice de ilustracións e/ou mapas: nel se recollen as páxinas onde aparecen ilustracións, mapas, fotografías. Aparece ao final do libro. Ás veces, as indicacións de mapas e ilustracións están recollidas nos índices temáticos ou onomástico, en cursiva.
- Índice cronolóxico: neste índice recollesen por orde cronolóxico os feitos relatados no libro. Aparece ao final do libro.
→Introducción ou prólogo: comenta de xeito xeral o contido da obra. Ás veces, dá instruccións sobre o seu uso.
→Bibliografía: lista de documentos que empregou o autor para redactar o seu libro.
→Glosario: vocabulario específico da obra; axúdanos a entender as palabras novas ou difíciles.
→Notas: proporcionan información aclaratoria do que se di nun punto concreto do libro. Aparecen sinaladas cun número e están sitúadas ao pé da páxina ou nun capítulo ao final do libro.