1.3.1. Consulta de obras de referencia

1. Como se consulta un dicionario:  cada palabra definida é como unha porta, por iso se dí que cada unha das palabras buscadas no dicionario son entradas.  Cada entrada só aparece nunha forma: nomes e adxectivos en masculino e singular, os verbos en infinitivo. O criterio no que están ordeados as entradas é a orde alfabética.  En cada páxina do dicionario hai moitas entradas, debemos fixarnos principalmente en dúas: as palabras-guía, a primeira entrada da páxina da esquerda e a última entrada da páxina da dereita, estas nos indicará as entradas que podemos atopar nesas dúas páxinas.

A entrada adoita aparecer en negriña, despois aparece a orixe ou étimo da palabra; seguidamente a clase de palabra abreviada. Logo, as diferentes definicións ou acepcións, numeradas; algúns dicionarios engaden un exemplo de uso.

Nalgúns dicionarios podemos atopar sinónimos, antónimos, familias léxicas e frases feitas.

Cada dicionario emprega abreviaturas que se deben consultar nas primeiras páxinas, para entender a información que nos proporciona sobre cada entrada.

DICCIONARIO
Consulta dun diccionario


 2. Como se consulta unha enciclopedia.

a)    Enciclopedias xerais:  cada volume da enciclopedia ten imprenso no seu lombo as palabras-guía, que nos indica a primeira palabra dese volume e a última.

No interior os artigos teñen dúas partes.  A primeira é similar á dun dicionario, e a segunda é a propiamente enciclopédica.  Adoita ir precedida da abreviatura ENC. Nesta parte ofrécese información diferente segundo o tema, un país, un animal, unha persoa,...Ademais, inclúe ilustracións, gráficos,... que debemos consultar.

b)    Enciclopedias temáticas:  debemos consultar o índice alfabético de cada tomo, para saber de que contido se trata en cada un.

As enciclopedias tamén se atopan en formato electrónico.  Nelas podemos facer as búsquedas atendendo a diversos criterios: alfabético, por temas, por termos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0