1.1.2. Funcionamento da Biblioteca Escolar

FUNCIONAMENTO BE

♦ Para que a BE funcione, no centro existe un grupo de profesores que forman o equipo de biblioteca, á fronte do cal está o blibliotecario, profesor coordinador do equipo.  Tamén pode existir un equipo de apoio á BE, formado por alumnado e/ou pais/nais.

♦ Horario de funcionamento: a BE terá un horario de funcionamento dentro do horario escolar, para que poidas acceder aos seus servizos.  Tamén haberá profesorado que use a BE como recurso didáctico e a utilice durante as súas clases.  Pode haber tamén un horario de uso da BE fora do horario lectivo.

♦ Normas de funcionamento: como todo espacio público, a BE ten unhas normas de funcionamento, que incluirán:

                                              √ Unhas normas de convivencia na BE para que todos a poidamos de disfrutar sen molestarnos

                                              √ Unhas normas de préstamo

                                              √ Unhas normas de uso dos ordenadores e acceso a internet

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0