1.1.1 Espazo físico da BE
En todas as BE atoparemos as seguintes zonas ou espazos:
♦ Zona de xestión: onde se ubica o Bibliotecario ou persoal de apoio á BE
♦ Zona de investigación: un espazo con mesas e sillas para o estudio individual ou grupal
♦ Zona de lectura informal: un espazo disposto para disfrutar do pracer de ler.
♦ Zona de audiovisuais: un espazo para disfrutar dos recursos multimedia da BE
♦ Zona informática: con ordenadores para buscar no catálogo da BE, información na rede,…
♦ Zona de información variada: paneis onde se colga información variada: actividades da BE, convocatorias, normas de uso da BE,…
Tamén forman parte da BE, as Bibliotecas de Aula, que non son mais que extensións da BE, partes da BE que están noutro espazo físico. Ocorre o mesmo coas bibliotecas dos departamentos didácticos, tamén son extensión da BE.