inicio

 

“2º da ESO: curso de inglés en 9 unidades integrado en aula virtual”

 

 

MANUAL DE USO

 

 

 

btn_menu.png

 

btn_vocabulary.png

btn_grammar.png

btn_irregular.png

btn_tenses.png

btn_reading.png

btn_listen.png

btn_listen.png

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Menú

 

 

 

Cando entramos na aula virtual xa podemos ver o menú correspondente a unidade 1. Como vemos na imaxe  cada unidade inclúe o título, un enlace ós contidos da unidade e un cadro de exercicios e probas. As probas aparecen en cor vermello, (test).

Premendo en cada un dos enlaces abriremos unha nova ventá onde poder practicar os distintos contidos da unidade. Os resultados dos “test” son almacenados na base de datos da aula virtual, e polo tanto, pódense utilizar como ferramenta de avaliación.

 

 

AV_Unit1.png

Volver ó inicio

 

 

 

 

 

 

 

 

Vocabulario.

 

Dende o menú, entramos por exemplo na unidade 1, exercicio 1 na sección de vocabulario.

Unit_1_Voc_1.png

 

Cada exercicio consta de catro bloques. Prememos no exercicio 1 no bloque 1 e vemos unha listaxe de traducións ó castelán arriba entre corchetes para escoller entre elas e escribir a palabra correcta en cada casiña das oracións.

Os alumnos dispoñen de pistas que poden marcar como usadas premendo enriba da palabra para que cambie de cor.

Cando rematemos prememos en check ou comprobar, e aparecen en cor verde as respostas correctas e en cor vermella as incorrectas. Podemos premer en do again ou facer de novo e vemos que cambiaron as palabras e a orde e tamén as oracións na que aparecen. Podemos repetir o exercicio tantas veces como queiramos, pero sempre vai cambiar.

Despois pasaremos ó bloque 2 e seguintes. Cada bloque trata un tema diferente salvo o 4, que é repaso dos outros tres.

Se prememos no exercicio 2 as instrucións son diferentes.

 

Unit_1_Voc_2.png

 

Temos que ler as oracións e escoller unha das opcións que podemos despregar premendo na frecha que atopamos ó final dos ocos. Só hai unha opción correcta, e as outras ou ben teñen erros ortográficos ou non teñen sentido no contexto da oración.

No exercicio 3 temos que escribir as palabras. Dispoñemos de pistas que se poden marcar cando xa se usaron no exercicio.

 

Unit_1_Voc_3.png

 

No exercicio 4 debemos relacionar as palabras coa súa tradución ó inglés. É un exercicio no que debemos escribir as palabras. Podemos marcar as pistas cando se usen.

 

Unit_1_Voc_4.png

 

 

Para rematar a parte de vocabulario hai unha proba que se poderá usar como exame ou simplemente para que o alumno comprobe o seu progreso. Os resultados desta proba quedan rexistrados na base de datos da aula virtual.

Unit_1_Voc_test.png

Volver ó inicio

 

Gramática.

 

Nos exercicios de gramática temos 4 bloques tamén en cada un. No exercicio 1 temos que ler as oracións e escoller unha das opcións para completala. Podemos ir cambiando de bloque.

 

Unit_1_Gra_1.png

 

No exercicio 2 temos que escribir unha das opcións de arriba para completar os ocos.

 

Unit_1_Gra_2.png

 

 

 

No exercicio 3 temos que escoller a tradución correcta e escribila no oco.

Unit_1_Gra_3.png

 

 

No exercicio 4 temos a axuda dos verbos en infinitivo arriba e hai que escoller o adecuado e modificalo para que encaixe en cada frase. (No caso do verbo ter se non empregamos a forma have got  o programa pode dar erro).

 

Unit_1_Gra_4.png

 

 

No exercicio 5 temos oracións desordenadas e hai que escribilas na orde correcta. Non podemos esquecer as maiúsculas e os signos de puntuación porque se non o programa dará erro.

 

Unit_1_Gra_5.png

 

 

No exercicio 6 de gramática, que é de revisión, temos que traducir as oracións.

 

Unit_1_Gra_R.png

 

 

Para rematar a parte de gramática hai unha proba que se poderá usar como exame ou simplemente para que o alumno comprobe o seu progreso.

Os resultados desta proba quedan rexistrados na base de datos da aula virtual.

 

Unit_1_Gra_test.png

Volver ó inicio

 

 

Tempos verbais.

 

No apartado de verbos hai exercicios de tempos verbais e máis verbos irregulares.

Prememos en tempos verbais e vemos que arriba temos os verbos en infinitivo e abaixo as frases de suxeito máis verbo e temos que escribir a forma correcta que correspondería para formar suxeito e predicado en afirmativa, negativa e interrogativa. Temos tamén 4 bloques dentro de cada exercicio.

Unit_1_tenses.png

 

Para rematar a parte de tempos verbais hai unha proba que se poderá usar como exame ou simplemente para que o alumno comprobe o seu progreso. Os resultados desta proba quedan rexistrados na base de datos da aula virtual.

 

Unit_1_tenses_test.png

Volver ó inicio

 

 

 

Verbos irregulares.

 

O mesmo facemos cos exercicios de verbos irregulares para escribir as formas correctas de infinitivo, pasado e participio. (Se non contraemos as formas verbais que o permitan o programa pode dar erro).

 

Unit_1_irreg.png

 

Tamén neste caso temos unha proba.

 

Unit_1_irreg_test.png

Volver ó inicio

 

 

Lectura.

 

Pasamos ós exercicios de lectura. No exercicio 1 temos un texto no que faltan os verbos. Témolos arriba nas casiñas para escollelos e escribilos. Pero se pasamos a outro bloque ao mellor agora desaparecen os adxectivos e noutro bloque os nomes ou ben as preposicións ou as conxuncións.

 

Unit_1_Read_1.png

 

No exercicio 2 de lectura o alumno ten que ler un texto normal, completo, e escoller unha opción para contestar ás preguntas, dicir se é verdadeiro ou falso ou escribir a resposta correcta.

 

Unit_1_Read_2.png

 

Para rematar a parte de lectura hai unha proba que se poderá usar como exame ou simplemente para que o alumno comprobe o seu progreso.

Os resultados desta proba quedan rexistrados na base de datos da aula virtual.

 

Unit_1_Read_test.png

Volver ó inicio

 

 

Escoita.

 

 

Finalmente temos 2 exercicios de escoita (un deles é un ditado).

No exercicio 1 de escoita temos catros audicións, unha por bloque, que escoitamos premendo no play e temos que escoller a opción adecuada para completar as frases, contestar ás preguntas ou dicir se é verdadeiro ou falso. Podemos escoitalos varias veces e premer en pausa.

 

Unit_1_List.png

 

 

No exercicio 2 de escoita, que é un ditado, hai que escribir as frases que escoitemos. Hai 4 bloques cun ditado en cada un. Cando se selecciona o primeiro ditado temos que premer dúas veces no botón correspondente.

Compre recordar que ó final de cada oración hai que escribir un punto.

 

Unit_1_Dict.png

 

 

Para rematar a parte de escoita hai dúas probas que se poderán usar como exame ou simplemente para que o alumno comprobe o seu progreso.

Unit_1_List_test.png

Unit_1_Dict_test.png

Volver ó inicio

 

dicionario.

 

 

O programa tamén conta cun pequeno dicionario ( 6000 entradas aproximadamente) con tradución e, na maioría dos casos, pronunciación. Para ver a tradución dunha palabra temos dúas opcións.

·         A primeira e premer dúas veces o botón esquerdo do rato cando estamos sobre a palabra. Na parte superior da pantalla aparece a información, sempre que esa palabra apareza recollida no dicionario.

 

·         A segunda opción permítenos seleccionar unha parte da palabra. Así podemos eliminar terminacións, (plays – play), repartir palabras compostas (stepfather – father) ou incluso escoller unha expresión con varias palabras. Para poder facer isto temos que seleccionar co rato o que queremos buscar e logo premer na tecla ENTER.

 

 

 

Diccionario.png

 

Volver ó inicio