Valoramos as fontes.
Cando exploramos as fontes de información xa facemos unha primeira valoración. A exploración preliminar que facemos, antes de centrarnos na busca da información que nos interesa, permítenos, ademais de rexistrar os datos da fonte, tal e como amosamos anteriormente no modelo de documento, realizar un pequeno comentario sobre a primeira impresión que nos ofrece. En moitos casos chega con esta aproximación. Poderiamos pasar explorar a información que contén e seccionar aquela que nos sexa útil.
Non obstante nalgúns casos, como en páxinas web e outros documentos, que sexan unha referencia importante de cara á selección de información; sería interesante que realizásemos unha análise completa. Nestas fontes de seguro que temos xa previsto atopar información importante. Do que se trata é de asegurarnos que a información que vaiamos atopar se corresponda cunha fonte fiable.
A valoración das fontes de información, así polo miúdo como estamos a ver, consiste en realizarse unha serie de preguntas sobre aspectos determinados do recurso, que nos poden achegar a unha valoración obxectiva.
A continuación atopamos as cuestións que poderiamos formular para valorar unha fonte escrita, en primeiro lugar, e unha fonte tipo web despois.
A continuación atopamos as cuestións que poderiamos plantexarnos para valorar unha fonte escrita, en primeiro lugar, e unha fonte tipo web despois.
|
Valoración de fontes impresas | ||
|---|---|---|
| 1. Autoría | Debe quedar ben claro o/a autor/a ou autores/as e a súa responsabilidade na obra. |
1.1. É o/a autor/a un/unha experto/a no seu campo? |
| 1.2. En que outras obras participou? | ||
| 1.3. Se é o caso: A que entidade ou organismo pertence? | ||
| 2. Público | Coñecer o tipo de público pode axudarnos a decidir se a obra é útil para o proxecto ou non. | 2.1. A que público está dirixida? |
| 3. Actualización | Para algúns temas é importante a data na que se publicou a obra. | 3.1 Está a información actualizada? |
| 3.2. En caso contrario, é valida? | ||
| 4. Tipo de fonte | O tipo de fonte da obra impresa tamén pode axudarnos a determinar a súa viabilidade. | 4.1. Que tipo de fonte impresa é? Un libro, un artigo dunha revista científica, un artigo dunha revista de divulgación, dun periódico, … |
| 5. Editor | Un editor especializado pode indicarnos a especificidade da obra. Un editor importante indícanos a difusión que. Por último un editor institucional determina a dependencia do autor coa institución. | 5.1. Quen publica? |
| 5.2. É un editor comercial, unha universidade, un organismo público, unha organización, … | ||
| 6. Acceso á información | Como se realiza o acceso á información na fonte. | 6.1. Presenta índices, táboas, gráficos, ... |
| 6.2. A estrutura da obra é coherente | ||
| 7. Contido | Para avaliar a calidade do contido da obra buscaremos a evidencia de que a información presentada sexa precisa e válida. | 7.1. Trátase o tema de forma ampla e se desenvolve correctamente? |
| 7.2. Presenta información relevante para o noso proxecto? | ||
| 7.3. A información aparece de forma clara? | ||
| 7.4. Está ben argumentada? | ||
| 7.5. Están contrastados os feitos? | ||
| 7.6. Emprega máis dun punto de vista? | ||
|
Valoración de fontes tipo web | ||
|---|---|---|
| 1. Autoría | O responsable, persoa ou institución, debe estar ben identificado para dar credibilidade ao contido. |
1.1. A autoría do recurso está claramente determinada? |
| 1.2. O/a autor/a depende dalgunha institución, organismo , entidade ou colectivo? | ||
| 1.3. Existe información na páxina sobre a institución? | ||
| 1.4. Aparece claramente a posibilidade de contactar co/a autor/a e/ou coa institución? | ||
| 1.5. Permítese o envío de comentarios, rectificacións o queixas? | ||
| 1.6. A autoría ten dominio sobre o tema? | ||
| 2. Contido | É importante avaliar que nivel de profundidade ten o recurso. Debemos tamén detectar se o contido é axeitado para nós e para o noso proxecto. | 2.1. O recurso cubre o tema amplamente? |
| 2.2. Abórdase en profundidade? | ||
| 2.3. Presenta unha perspectiva variada sobre o mesmo? | ||
| 2.4. Engádese información valiosa? | ||
| 2.5. Os feitos mencionados están contrastados? | ||
| 2.6. Aparece bibliografía específica? | ||
| 2.7. Atópase claramente a data de creación e/ou da última actualización? | ||
| 3. Acceso á información | É imprescindible un sistema de navegación ordenado para que a información poida ser facilmente recuperada. | 3.1. Presenta unha navegación estrutural? |
| 3.2. Pódese acceder ao mapa da web onde se amosa a organización e xerarquía da páxina? | ||
| 3.3. Ten campo de busca de información? | ||
| 3.4. Inclúense índices temáticos de contido? | ||
| 3.5. Existe unha “Axuda” de usuario? | ||
| 4. Ergonomía e accesibilidade | A cantidade de información obriga a dedicar moito tempo para buscar unha información concreta. A ergonomía e accesibilidade son características que facilitan o acceso á información. | 4.1. Mantén o recurso unha uniformidade de deseño, formato e estrutura básica? |
| 4.2. Presenta imaxes ou material multimedia que completen a información?. Chega a entorpecer este material a comprensión da información? | ||
| 5. Visualización | Non se deben precisar medios especiais para acceder a toda a información do recurso. | 5.1. Requírense programas ou dispositivos adicionais específicos para ver, ler, entender ou escoitar a información do recurso? |
| 5.2. De ser así, son estas aplicacións e programas facilmente localizables e instalables? Son libres? | ||
| 6. Luminosidade | Presenza e calidade das ligazóns externas . A presenza de ligazóns accesibles é imprescindible nun recurso deste tipo para ampliar ou comprobar a información e para acceder a outros recursos similares. | 6.1. Existen ligazóns externas? |
| 6.2. Funcionan correctamente? | ||
| 6.3. Están actualizadas? | ||
| 7. Visibilidade | Este aspecto indícanos a presenza do recurso na rede. Non necesariamente corresponde coa calidade, pero un bo recurso debe ter unha presenza suficiente para ser visible. | 7.1. Accédese facilmente?. Directamente dende a barra do navegador poñendo o nome do recurso? |
| 7.2. Aparece parte do contido do recurso nos primeiros parágrafos cando o busco? | ||
| 7.3. O recurso está ligado ou sindicado dende outras páxinas? | ||
| 7.4. Presenza de metaetiquetas? | ||