Saltar navegación

Exploramos as fontes

Neste momento debemos recoller os criterios e ecuacións de busca que determinamos antes, así como a listaxe de fontes a consultar para realizar a busca de acordo co noso plan.

É probable que modifiquemos e ampliemos os parámetros de busca, e tamén variaremos a listaxe orixinal de fontes. Forma parte do proceso lóxico de busca e achegamento á información. Segundo analizamos fontes con máis detalle atoparemos aspectos que nos fagan validala ou non. Segundo a busca avanza, amplío e modifico os criterios e vou engadindo novas fontes de información.

Trátase dun proceso de achegamento á información que, partindo dunhas propostas de partida, se vai arrimando cada vez con maior eficiencia ó núcleo da información útil para o proxecto.

Para atopar información podemos dicir que hai que pasar polas seguintes estados:

  1. Escoller a fonte.

  2. Rexistrala.

  3. Valorala.

  4. Recoller os criterios de busca.

Abordaremos así as fontes, que á súa vez nos levarán a outras, recollendo e ampliando os criterios de búsqueda, nun proceso que poderiamos dicir que se configura en espiral. Resumimos o proceso no seguinte gráfico:

Diagrama de bloques do proceso de exploración das fontes
Manuel Torres Búa. Explorando as fontes de información (CC BY-SA)

Recomendación

  • Selecciono los recursos de acuerdo con el plan de búsqueda y de las fuentes y localizaciones más generales a las más específicas. (Siempre es buena estrategia comenzar en la biblioteca del centro y con los departamentos y profesorado del centro).

  • Establecemos las ecuaciones de búsqueda conectando las palabras clave. (Utilizo operadores tipo AND, OR, NOT, +, -…) para examinar bases de datos o motores de búsqueda web.

  • Utilizo un lenguaje documental controlado (predeterminado en una lista de términos) para buscar por tema (tesauroTesauroLista de palabras o términos controlados empleados para representar conceptos.), palabras clave específicas para una base de datos, una disciplina no idéntica a una fuente de información a otro.

(No siempre es necesario construir ecuaciones de investigación, ya que a la información también se puede acceder navegando por el índice en los temas con hipervínculos. Sin embargo para ciertas investigaciones es imprescindible o, cuando menos, recomendable)

Rexistro das fontes.

Cada vez que consultamos unha fonte debemos anotalo. Teremos que levar un diario, e ser coidadosos á hora de incluír toda o que facemos. A continuación temos un modelo de documento para o rexistro das fontes de información consultadas. Podes velo na imaxe seguinte, e descargalo máis abaixo en formato pdf, ou nun arquivo editable odt.

Imaxe co modelo de documento "Rexistro das fontes de información".
Manuel Torres Búa. Modelo de documento "Rexistro das fontes de información" (CC BY-SA)

Podes descargar o arquivo do modelo de documento nas ligazóns que veñen a continuación:

Acceso ao documento 3.1.-A- Rexistro das Fontes en formato pdf.

Acceso ao documento 3.1.-A- Rexistro das Fontes en formato odt.