Saltar navegación

Buscando

 

É hora de comezar a nosa busca. Xa estudamos o tema do proxecto, as necesidades de información, localizamos as posibles fontes e programamos as diferentes fases do proceso. É o momento de mergullarse no mar de información para localizar aquilo que necesitamos.

Debemos ser moi coidados neste proceso, respectar o programado e coordinarse moi ben co grupo de traballo. Tamén debemos ter a axilidade suficiente para realizar aqueles cambios que sexan precisos para encamiñar a busca cara os obxectivos do proxecto. Non debe asustarnos realizar cambios, sempre que sexan xustificados e asumidos polo grupo. As planificacións dos proxectos están feitas para modificalas continuamente.