Saltar navegación

Diagramas de Gantt.

Existen programas sinxelos que nos axudan a crear diagramas de Gantt ou de barras. Un exemplo é GanttProject, un software libre moi usado. Mediante estes programas e aplicacións podemos asignar recursos ás tarefas, e introducir datos reais de principio e fin de forma que se nos superpón ao diagrama orixinal outro denominado Diagrama de seguimento. Este Diagrama de Seguimento é moi útil para axudar á toma de decisións e a realizar o control durante a execución do proxecto. Tamén temos aplicacións de traballo na nube, coma Google Drive por exemplo, que son compatibles con Ganttproject e permiten o traballo colaborativo cos proxectos. Existen, así mesmo, aplicacións para dispositivos móbiles que permiten, o traballo con gráficos de Ganttproject.

Na presentación seguinte presentamos esta aplicación.

Manuel Torres Búa. Programación de proxectos con Ganttproject (CC BY-SA)

O seguinte documento é un pequeno titorial de Ganttproject. Serve para que comecemos a traballar. Podemos ter o programa aberto para ir realizando as actividades en paralelo ao que se nos vai indicando no documento, é o mellor xeito de familiarizarnos co programa.

Tutorial Ganttproject. De Mariana Nelly Arias Rivera e Edith Del Carmen Hernández Morales. Sistemas Computacionales Administrativos. Universidad Veracruzana.

Para saber un pouco máis ...

Temos a continuación un titorial máis completo nunha serie de vídeos de Youtube. Consúltaos para coñecer mellor a ferramenta, pero non esquezas que a planificar apréndese planificando.

Os vídeos están creados por VTE: Videoturoriales en educación. Formación en Software Libre.

  • Titorial Ganttproject - 01/04 Instalación. Propiedades do Proxecto. Crear recursos do proyecto.

    Acceso ao vídeo na páxina de Youtube. Ábrese nunha nova ventá.

  • Titorial Ganttproject - 02/04 Crear tarefas e agrupalas. Dependencias entre tarefas. Camiño crítico.

    Acceso ao vídeo na páxina de Youtube. Ábrese nunha nova ventá.

  • Titorial Ganttproject - 03/04 Asociar recursos a tarefas. Custe proxecto. Recursos sobreexplotados.

    Acceso ao vídeo na páxina de Youtube. Ábrese nunha nova ventá.

  • Titorial Ganttproject - 04/04 Progreso das tarefas  as súas desviacións. Exportar. Diagrama Pert.

    Acceso ao vídeo na páxina de Youtube. Ábrese nunha nova ventá.

O personaxe

Na seguinte presentación coñeceremos a Henry Gantt, o creador do Diagrama de Gantt e doutras ferramentas e estudos que influíron en grande medida no traballo das empresas de proxectos e, grazas a esa experiencia, en moitos outros ámbitos onde se traballa con e mediante proxectos.