Definimos os criterios de busca.
Unha vez seleccionadas as fontes (ou máis ben preseleccionadas), imos preparar unha serie de palabras clave, sentenzas, sinónimos e termos de busca que nos axuden a optimizar este traballo. Isto é importante especialmente nas procuras na rede. Organizaremos tamén as tarefas e repartirémolas entre os membros do grupo.
Rexistraremos os criterios de busca seleccionados nun documento coma
2.3.- Definimos os criterios de busca
Na imaxe pódese ver o modelo de documento e, nas ligazóns de máis abaixo, pódense descargar os arquivos pdf e o arquivo editable odt do mesmo.
Ligazóns de descarga do documento:
Descarga do documento 2.3.- Definimos os criterios de busca en formato pdf.
Descarga do documento 2.3.- Definimos os criterios de busca en formato odt.
Recomendación
-
Escolleremos en grupo as palabras clave e as ideas principais da procura.
-
Buscamos sinónimos ou termos equivalentes ás palabras crave. Utilizamos para iso dicionarios temáticos ou especializados.
-
Determinamos o enfoque da procura, por exemplo restrinxíndoa a un nivel, mediante a súa conexión a un campo de coñecementos, colocándoa no espazo-tempo.
-
Elaboramos o noso plan de ataque: por onde empezamos e como imos derivando a procura. Repartimos os traballos. Debemos empezar por unha lectura exploratoria coas palabras clave en con fontes xerais, intentando enlazar o que atopamos cos nosos coñecementos anteriores. A partir desa primeira exploración repartimos o traballo, realizando postas en común a miúdo para relanzar a procura.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0