Saltar navegación

Autoavaliación.

Cuestionario SCORM

Pregunta

As fontes que hai que consultar para un proxecto de investigación...

Respostas

Son fundamentalmente os libros especializados.

Son fundamentalmente as enciclopedias.

Haberá que consultar todo tipo de fontes, con especial atención ás fontes primarias.

Pregunta

Nesta etapa do noso proxecto rexistraremos por escrito...

Respostas

As fontes que imos consultando.

As fontes que inda non consultamos.

A información que sabemos, a que non sabemos e a que necesitamos; unha previsión de fontes de información á que haberá que acudir e unha reflexión sobre os criterios de busca.

Pregunta

Para un proxecto deberemos buscar...

Respostas

Todo o que non sabemos e que esté relacionado co tema do proxecto.

Todo o que non sabemos sobre o tema do proxecto e que se necesita para desenvolvelo.

Buscaremos en función das necesidades que vaiamos atopando nas fases seguintes do proxecto.

Pregunta

Internet para a busca de información nun proxecto de ITD...

Respostas

Non é imprescindible.

É a fonte fundamental.

É fundamental empregar Internet con criterios de busca claros.

Pregunta

A busca de información a realiza...

Respostas

A persoa designada polo grupo.

Todo o grupo de traballo.

Todos os membros do grupo de forma coordinada.

Habilitar JavaScript

Actividade despregable

Le e completa.

Unha vez teñamos detectadas as de información e as destrezas necesarias para desenvolver o proxecto de investigación, debemos pescudar no amplo abano de recursos posibles cáles son os que nos poden axudar mellor a suplir estas carencias: as de Información. Debemos coñecer onde atopar esas fontes e, por último, deberemos deseñar entre todos unhas estratexias de eficaz para cando procedamos á busca e selección, na seguinte fase.

O primeiro que debemos pescudar son as necesidades de e que temos para este poder desenvolver esta investigación. Teremos que reunirnos e poñer en común as nosas opinións. Debemos ter claro primeiro que é o que si sobre o tema que nos poida axudar na investigación. Debemos telo en conta e confeccionar unha lista con estes aspectos que si sabemos.

En segundo lugar poñemos en común o que sabemos sobre o tema do proxecto. Obteremos así unha segunda lista das cousas que non sabemos.

Finalmente reflexionaremos sobre cales son as nosas necesidades de información e formación para o proxecto. Será a lista do que saber. Non é a simple diferenza do que non sabemos fronte o que si sabemos. Entre o que non sabemos hai que decidir que cousas son importantes para desenvolver o noso produto final, resultado último de todo o proxecto e investigación, tratamento e divulgación.


Unha vez seleccionadas as fontes (ou máis ben preseleccionadas), imos preparar unha serie de palabras , , sinónimos e de busca que nos axuden a optimizar este traballo. Isto é importante especialmente nas procuras na rede. Organizaremos tamén as e repartirémolas entre os membros do grupo.


A de redes é unha fonte de recursos informacionais indispensable para calquera investigación. Con todo é habitual cometer varios erros á hora de empregar este recurso que poden levar ao fracaso desta etapa do proxecto, a que a información sexa ou que o proceso se estenda demasiado no tempo.Debemos iniciar a busca cando teñamos claro que é o que necesitamos, en que podémolo atopar e que termos de busca e imos utilizar. Introducir frases xerais nun buscador como Google non é que non poida aportar algo útil, é que a información útil estará enmascarada entre multitude de informacións que non nos valen. Debemos respectar os procedementos explicados neste tema antes de abordar a busca.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0