Como abordamos un proxecto?
Basicamente abordaremos o proxecto como amosa o gráfico.
Cómo abordar un proxecto. Manuel Torres Búa. Licenza: Creative Commons BY-SA.
Un proxecto nace cando decidimos abordar un problema ou solucionar unha necesidade. Problema e necesidade poden ser unha proposta que nos fan ou ben somos nós os que buscamos estes problemas e necesidades. Para converter este reto nun proxecto imos traballar mediante a análise, a investigación, a creación e a avaliación, fundamentalmente. E ímolo a facer case sempre en grupo, mediante un traballo coordinado e intercambiando puntos de vista. O proxecto cumprirá o seu obxectivo cando teñamos solucionado o problema ou a necesidade mediante un produto creado por nós.
Dise habitualmente que a forma na que se aborda un proxecto é cíclica: non é un proceso tan lineal como pode indicar o gráfico anterior. Realmente estamos a abordar o problema mediante fases que se suceden unha e outra vez con abordaxes sucesivas. Quizais o seguinte gráfico expréseo mellor.
O proxecto como ciclo. Manuel Torres Búa. Licenza: Creative Commons BY-SA.