Finalización do proxecto.
É habitual nos proxectos certa precipitación á hora de finalizar o produto e entregalo, divulgalo ou poñelo en práctica. As complicacións típicas das tarefas de execución lévannos en moitas ocasións a precipitarnos nun final que, ás veces, non é o desexado.
A finalización é unha etapa máis do proxecto. Esta etapa é a que nos vai a permitir pechalo adecuadamente e documentalo.
Son os denominados Procesos de peche do proxecto.
Recomendación
É importante que cando planifiquemos o proxecto teñamos en conta, non só as fases de finalización, avaliación e divulgación; senón que programemos as tarefas correspondentes a estas fases de maneira que se poidan desenvolver en paralelo traballos de acabado do produto con preparación de documentos da memoria, preparación da avaliación e, mesmo, preparación tamén da divulgación.
Ampliación
Tes máis información sobre o relacionado cos procesos de peche de proxectos nesta completa presentación.