A memoria do proxecto.

Memoria do proxecto. A partir de imaxe: Usb de almacenamienro. En pixabay. Licenza: Dominio público.
Toda a información do proxecto debe estar recollida na chamada Memoria. A memoria é o documento mestre que recompila todos os documentos elaborados durante o proxecto. Non é tanto un documento único, como un cartafol colector con documentación do proxecto: un portfolio. Ten que conter os resultados e toda a historia do proxecto. Pode ser un sistema mixto dixital, papel e obxectos, ou completamente dixital.
Na táboa seguinte temos os documentos que debe ter.
| Apartado | Contido |
|---|---|
| Portada | Título do proxecto. Compoñentes do grupo. Roles. |
| Proposta | Obxectivo e Condicións iniciais do proxecto. |
| Investigación | Fontes de información, información recompilada e información tratada. |
| Deseño | Documentos de deseño do produto. |
| Planificación | Plan de traballo, programación temporal e orzamento do proxecto. |
| Execución | Diario de traballo. Informe de tarefas terminadas. Reprogramaciós. |
| Avaliación (1) | Avaliación do produto. Avaliación do proceso. Avaliación dos compoñentes do grupo. |
| Conclusións | Valoración global, resultados, experiencias, aprendizaxes. |
(1) A avaliación realízase na fase seguinte