Saltar navegación

Valoramos as fontes.

Cando exploramos as fontes de información xa facemos unha primeira valoración. A exploración preliminar que facemos, antes de centrarnos na busca da información que nos interesa, permítenos, ademais de rexistrar os datos da fonte, tal e como amosamos anteriormente no modelo de documento, realizar un pequeno comentario sobre a primeira impresión que nos ofrece. En moitos casos chega con esta aproximación. Poderiamos pasar explorar a información que contén e seccionar aquela que nos sexa útil.

Non obstante nalgúns casos, como en páxinas web e outros documentos, que sexan unha referencia importante de cara á selección de información; sería interesante que realizásemos unha análise completa. Nestas fontes de seguro que temos xa previsto atopar información importante. Do que se trata é de asegurarnos que a información que vaiamos atopar se corresponda cunha fonte fiable.

A valoración das fontes de información, así polo miúdo como estamos a ver, consiste en realizarse unha serie de preguntas sobre aspectos determinados do recurso, que nos poden achegar a unha valoración obxectiva.

A continuación atopamos as cuestións que poderiamos formular para valorar unha fonte escrita, en primeiro lugar, e unha fonte tipo web despois.

A continuación atopamos as cuestións que poderiamos plantexarnos para valorar unha fonte escrita, en primeiro lugar, e unha fonte tipo web despois.

Valoración de fontes impresas

1. Autoría Debe quedar ben claro o/a autor/a ou autores/as e a súa responsabilidade na obra.

 1.1. É o/a autor/a un/unha experto/a no seu campo?

1.2. En que outras obras participou?
1.3. Se é o caso: A que entidade ou organismo pertence?
2. Público Coñecer o tipo de público pode axudarnos a decidir se a obra é útil para o proxecto ou non. 2.1. A que público está dirixida?
3. Actualización Para algúns temas é importante a data na que se publicou a obra. 3.1 Está a información actualizada?
3.2. En caso contrario, é valida?
4. Tipo de fonte O tipo de fonte da obra impresa tamén pode axudarnos a determinar a súa viabilidade. 4.1. Que tipo de fonte impresa é?
Un libro, un artigo dunha revista científica, un artigo dunha revista de divulgación, dun periódico, …
5. Editor Un editor especializado pode indicarnos a especificidade da obra. Un editor importante indícanos a difusión que. Por último un editor institucional determina a dependencia do autor coa institución. 5.1. Quen publica?
5.2. É un editor comercial, unha universidade, un organismo público, unha organización, …
6. Acceso á información Como se realiza o acceso á información na fonte. 6.1. Presenta índices, táboas, gráficos, ...
6.2. A estrutura da obra é coherente
7. Contido Para avaliar a calidade do contido da obra buscaremos a evidencia de que a información presentada sexa precisa e válida. 7.1. Trátase o tema de forma ampla e se desenvolve correctamente?
7.2. Presenta información relevante para o noso proxecto?
7.3. A información aparece de forma clara?
7.4. Está ben argumentada?
7.5. Están contrastados os feitos?
7.6. Emprega máis dun punto de vista?

Valoración de fontes tipo web

1. Autoría O responsable, persoa ou institución, debe estar ben identificado para dar credibilidade ao contido.

1.1. A autoría do recurso está claramente determinada?

1.2. O/a autor/a depende dalgunha institución, organismo , entidade ou colectivo?
1.3. Existe información na páxina sobre a institución?
1.4. Aparece claramente a posibilidade de contactar co/a autor/a e/ou coa institución?
1.5. Permítese o envío de comentarios, rectificacións o queixas?
1.6. A autoría ten dominio sobre o tema?
2. Contido É importante avaliar que nivel de profundidade ten o recurso. Debemos tamén detectar se o contido é axeitado para nós e para o noso proxecto. 2.1. O recurso cubre o tema amplamente?
2.2. Abórdase en profundidade?
2.3. Presenta unha perspectiva variada sobre o mesmo?
2.4. Engádese información valiosa?
2.5. Os feitos mencionados están contrastados?
2.6. Aparece bibliografía específica?
2.7. Atópase claramente a data de creación e/ou da última actualización?
3. Acceso á información É imprescindible un sistema de navegación ordenado para que a información poida ser facilmente recuperada. 3.1. Presenta unha navegación estrutural?
3.2. Pódese acceder ao mapa da web onde se amosa a organización e xerarquía da páxina?
3.3. Ten campo de busca de información?
3.4. Inclúense índices temáticos de contido?
3.5. Existe unha “Axuda” de usuario?
4. Ergonomía e accesibilidade A cantidade de información obriga a dedicar moito tempo para buscar unha información concreta. A ergonomía e accesibilidade son características que facilitan o acceso á información. 4.1. Mantén o recurso unha uniformidade de deseño, formato e estrutura básica?
4.2. Presenta imaxes ou material multimedia que completen a información?. Chega a entorpecer este material a comprensión da información?
5. Visualización Non se deben precisar medios especiais para acceder a toda a información do recurso. 5.1. Requírense programas ou dispositivos adicionais específicos para ver, ler, entender ou escoitar a información do recurso?
5.2. De ser así, son estas aplicacións e programas facilmente localizables e instalables? Son libres?
6. Luminosidade Presenza e calidade das ligazóns externas . A presenza de ligazóns accesibles é imprescindible nun recurso deste tipo para ampliar ou comprobar a información e para acceder a outros recursos similares. 6.1. Existen ligazóns externas?
6.2. Funcionan correctamente?
6.3. Están actualizadas?
7. Visibilidade Este aspecto indícanos a presenza do recurso na rede. Non necesariamente corresponde coa calidade, pero un bo recurso debe ter unha presenza suficiente para ser visible. 7.1. Accédese facilmente?. Directamente dende a barra do navegador poñendo o nome do recurso?
7.2. Aparece parte do contido do recurso nos primeiros parágrafos cando o busco?
7.3. O recurso está ligado ou sindicado dende outras páxinas?
7.4. Presenza de metaetiquetas?