Planificando.
Chegou o momento de preparalo todo para que a nosa investigación camiñe cara á consecución dos seus obxectivos e cara a creación do nosos produto. Temos moitas citas na portada desta fase e iso é porque a planificación foi durante moito tempo un tema de reflexión para moitas persoas expertas en proxectos. É esencial. Planificando aprenderemos a planificar. Replanificando seremos capaces de planificar mellor. Controlando os nosos plans capacitarémonos coma expertos. Ter competencias para planificar proxectos fai que esta habilidade se poida estender a outros aspectos da nosa vida e converténdose así nun hábito.
Planificar
Planificar consiste en ordenar e organizar as tarefas necesarias para obter o produto que resolve un problema ou satisfai unha necesidade. Trátase de dividir o proxecto en operacións simples e ordenadas.
A programación comeza logo de ter a nosa proposta de traballo formalizada e aprobada.