Seleccionamos as fontes.
Sabemos a información que necesitamos para o noso proxecto, e coñecemos as diferentes fontes de información que existen Neste momento deberemos decidir e propoñer as fontes ás que queremos acudir. Farémolo en común, recollendo as propostas nun documento como o que amosamos a continuación. Anotaremos as fontes segundo a tipoloxía e, coma anticipo da fase de planificación, decidiremos quén será o responsable de acudir a cada fonte.
Non é preciso ser moi precisos, xa que haberá cambios segundo avancemos na busca; pero si deberemos esforzarnos en planificar un pouco esta busca.
A continuación podemos ver unha imaxe cun posible modelo de documento para esta tarefa:
2.2.- Seleccionamos as fontes de información.
Pódese descargar o documento nas ligazóns que veñen a continuación da imaxe, tanto en formato pdf coma en formato editable odt.
Podemos descargar o arquivo do modelo do documento nestas ligazóns:
Descarga do documento 2.2.- Seleccionamos as fontes de información en formato pdf.
Descarga do documento 2.2.- Seleccionamos as fontes de información en formato odt.
Recomendación
No documento anotaremos de forma xenérica os tipos de fontes de información que imos usar e máis en concreto onde as imos a localizar. É un documento revisable en función do que nos vaiamos atopando. Todos os procesos de proxectos son líquidos: hai que deseñalos e revisalos continuamente. É difícil saber que libro necesitamos en concreto, pero si que podemos saber que necesitamos algunha monografía sobre o tema e que a buscaremos nun ou outro sitio. O mesmo ocorre coa rede: non saberemos seguramente en que sitio imos atopar a información que desexamos, pero si que poderemos acoutar a procura a un tipo de páxinas web, bases de datos,…
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0