Detectamos as necesidades de información.
O primeiro que debemos pescudar son as necesidades de información e formación que temos para este poder desenvolver esta investigación. Teremos que reunirnos e poñer en común as nosas opinións. Debemos ter claro primeiro que é o que si sabemos sobre o tema que nos poida axudar na investigación. Debemos telo en conta e confeccionar unha lista con estes aspectos que si sabemos.
En segundo lugar poñemos en común o que non sabemos sobre o tema do proxecto. Obteremos así unha segunda lista das cousas que non sabemos.
Finalmente reflexionaremos sobre cales son as nosas necesidades de información e formación para o proxecto. Será a lista do que necesitamos saber. Non é a simple diferenza do que non sabemos fronte o que si sabemos. Entre o que non sabemos hai que decidir que cousas son importantes para desenvolver o noso produto final, resultado último de todo o proxecto e investigación, tratamento e divulgación.
Recomendación
Para detectar as necesidades de información e de formación (destrezas e habilidades), o máis práctico é realizar a técnica da choiva de ideas. Faremos unha posta en común con todas aquelas respostas que se nos ocorran ás tres preguntas seguintes. Nun traballo posterior de análise seleccionaremos entre tod@s as respostas máis axeitadas, agruparémolas e, no seu caso, desbotaremos aquelas non procedentes. Este proceso o documentaremos, tendo especial coidado en listar as necesidades reais de información, xa que serán a base sobre a que asentaremos o traballo nas fases seguintes.
Reflexionaremos e seleccionaremos as respostas máis adecuadas ás preguntas
Que é o que xa sabemos?
Que é o que non sabemos?
Que queremos saber?
O resultado das nosas reflexións o recolleremos nun documento como o que atopamos a continuación de modelo:
Fase 2.- Os recursos.
2.1.- Detección das necesidades de información.
Podes ver o documento na imaxe seguinte e descargalo (en formato pdf ou en formato editable .odt) nas ligazóns que veñen despois da imaxe.
Descarga o documento nas seguintes ligazóns.
Acceso ao documento "2.1.- Detección das necesidades de información" en formato pdf.
Acceso ao documento "2.1.- Detección das necesidades de información" en formato odt.
Exemplo
Supoñamos que imos desenvolver un proxecto de investigación sobre as pontes que cruzan os ríos do noso concello: a súa tipoloxía, características, historia, lendas,antecedentes,…
Podemos pensar que o produto final será unha exposición temática (paneis informativos e proxeccións multimedia). O motivo que arrinca este hipotético proxecto é a necesidade de poñer en valor estas construcións polo seu peso histórico e social, o valor construtivo, etcétera; que representan na nosa contorna.
Pensemos como responderiamos ás tres preguntas clave:
Que é o que xa sabemos?
Que é o que non sabemos?
Que queremos saber?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0