Saltar navegación

Buscando as fontes.

 

Unha vez que temos claro qué é o que se nos pide, (a proposta); e coñecemos o método para desenvolver esta investigación (o Método de Proxectos), debemos aplicar a seguinte fórmula:

Na proposta detectamos: Qué require este proxecto?

Debemos preguntarnos: Qué coñecemos / sabemos facer que sexa útil para o proxecto?

Así concluiremos: Qué debemos coñecer / saber facer para este proxecto que non saibamos inda?

Unha vez teñamos detectadas as necesidades de información e as destrezas necesarias para desenvolver o proxecto de investigación, debemos pescudar no amplo abano de recursos posibles cáles son os que nos poden axudar mellor a suplir estas carencias: as Fontes de Información. Debemos coñecer onde atopar esas fontes e, por último, deberemos deseñar entre todos unhas estratexias de procura eficaz para cando procedamos á busca e selección, na seguinte fase.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0