Que é un problema?
Nesta primeira fase imos definir e explicar claramente o que pretendemos resolver: a proposta. Esta formulación vai constituír o obxectivo principal do proxecto.
Cando desenvolvemos un proxecto é porque necesitamos solucionar un problema ou satisfacer unha necesidade. Pero
Que é un problema?
"Comprender un fenómeno complexo é un problema; resolver unha incógnita, unha situación, para as cales non se coñecen camiños directos e inmediatos, é un problema; atopar unha forma mellor de facer algo é un problema; facerse unha pregunta ou suscitarse un propósito sobre posibles relacións entre variables é un problema; non comprender na súa complexidade un fenómeno natural ou social é un problema."
Restrepo Gómez, B
Aprendizaje basado en problemas (ABP): una innovación didáctica para la enseñanza universitaria. Educación y Educadores, Norteamérica, 8, ago. 2009. Dispoñible en: <http://educacionyeducadores.unisabana.edu.co/index.php/eye/article/view/562>. Data de acceso: 23 sep. 2015. Tradución propia.
"Do latín problema e este do grego πρόβλημα, prefixo πρό, que significa anterioridade local ou temporal a algo e a raíz βλημα, lema ou tema, a palabra problema exprésanos unha cuestión, un asunto que inda non se ten explicado, que no se resolveu. Algo que debemos tratar, discorrer, pensar; afondar, reflexionar, estudar ou examinar."
«Problema y necesidad.» [En líña]. Dispoñible en: http://www.lizardo-carvajal.com/problema-y-necesidad/. [Accedido: 24-sep-2015]. Tradución propia.
É probable que nos propoñan o problema ou a necesidade de partida (a proposta inicial); pero tamén nós podémonos converter en buscadores de problemas. Podemos, mediante o noso traballo, realizar proxectos de investigación que melloren as cousas da nosa contorna ou intentar a solucionar problemas tamén lugares máis afastados.
Reflexiona

Podemos converternos en buscadores de problemas ou, máis ben, de solucións para eses problemas. Para detectar os problemas da contorna e tratalos nos nosos proxectos de investigación teremos que acudir a algunhas estratexias:
- Detectar centros de interese: para nós, para a comunidade,...
- Estudar a posible viabilidade de afrontar un proceso de investigación partindo dese problema.
- Lanzar hipótesis iniciais de traballo, coma posibles frontes por onde atacar o problema.
herlock Holmes. De HebiFot en pixabay. Licenza: Dominio público