Dato, información e coñecemento.
Empezaremos sabendo que estamos a buscar cando falamos de información, xa que algunhas veces confúndese o seu sentido co de dato.
Dato
Representación simbólica (numérica, alfabética, algorítmica, espacial, etc.) dun atributo ou variable cuantitativa ou cualitativa.
Información
Conxunto de mecanismos que permiten ao individuo retomar os datos do seu ambiente e estruturalos dunha maneira determinada, de modo que lle sirvan como guías da súa acción.
PAOLI J.Antonio. Comunicación e Información: perspectivas teóricas. 5ta. Reimpresión. México, D.F. Editorial Trillas. 1989.15 p.
Por tanto os datos sen máis non nos son útiles, necesitamos interpretalos para conseguir información. O seguinte esquema representa o proceso de comunicación (de calquera tipo, humana, computacional,...). Fíxache que o dato en si non basta para que exista comunicación.

Esquema de comunicación ideado por Claude E. Shannon. De Nicoletis en Wikimedia Commons. Licenza: Creative Commons BY-SA.
Coñecemento
Facultade do ser humano para comprender por medio da razón a natureza, calidades e relacións das cousas.
Existe o que se chama unha xerarquía do coñecemento. Isto significa que existen uns elementos máis simples, como os datos, que se empregan para *construír outros máis complexos, como a información. A información emprégase, á súa vez, para *construír o coñecemento e o coñecemento para a sabedoría.
Nesta presentación explícannolo con máis detalle esta xerarquía en base á Pirámide do Coñecemento ideada por Russell Ackoff,
Reflexiona
En base ao que comentamos antes:
cantos máis datos teño, terei un maior coñecemento?