Constitución do grupo.
Do primeiro que faremos ao inicial calquera proxecto é constituír os grupos de traballo. Nese momento do proxecto, o máis probable, é que só saibamos a súa formulación inicial. É posible que se nos propoña algo máis aberto onde nós vaiamos a buscar o problema ou a necesidade que queremos solucionar co noso proxecto de investigación.
Para formar grupos hai moitas posibilidades. Pero xa comentábamos con anterioridade que un grupo de traballo en proxectos non é o grupo de amigos/as. O normal sería que puideramos traballar con calquera persoa da nosa clase. O ideal é que existan perfís específicos: os/as que queren liderar o grupo, aos que lle gusta fedellar coa documentación, o/as que teñen un carácter máis conciliador para coordinar,… De todos os xeitos tampouco é só o que máis nos guste, tamén inflúen as nosas características persoais. É posible tamén rotar os roles do grupo nalgún punto do proxecto.
O ideal é que se tomen os acordos en conxunto, votando entre toda a clase aos coordinadores, …
Dependendo do tipo de proxecto as estruturas grupais poden variar. Para proxectos de investigación non convén traballar en grupos moi numerosos. A continuación amósasenos una posible estrutura cooperativa de grupos de traballo con catro compoñentes para catro roles diferenciados.
Unha vez que sabemos a que grupo pertence cada un, debemos comprometernos. Deberemos entón firmar un contrato, que pode ser como o modelo de Acta de constitución do grupo, que aparece na imaxe. Nela se especifican membros, roles, funcións e se asina para asumir as propias responsabilidades.
Pódese descargar o arquivo da acta de constitución nas seguintes ligazóns:
Acceso ao arquivo co modelo: "acta de constitución do grupo de traballo" en formato pdf.
Acceso ao arquivo co modelo: "acta de constitución do grupo de traballo" en formato editable odt.