Saltar navegación

O proceso de divulgación.

Divulgar un proxecto é dalo a coñecer e facelo polo tanto público. Hai que divulgar o produto que temos creado: páxina web, exposición, publicación, … É o seu fin, forma parte do obxectivo do proxecto. Tamén se divulga o material informativo de diverso tipo e forma sobre o proxecto, sobre todo o proceso; así como os resultados do mesmo.

Partimos da memoria, documento xa elaborado que recolle toda a información da xénese, desenvolvemento, resultados. Por suposto poderiámola facer pública e de feito é bastante habitual. Con todo debemos reflexionar sobre a utilidade que pode ter a publicación da memoria para o obxectivo de divulgar o noso proxecto. É máis efectivo crear materiais novos.

Reflexiona

Por que queremos divulgar o proxecto?

  • En primeiro lugar porque é un obxectivo do proxecto: investigar, tratar e divulgar información. Para conseguilo creamos un produto que agora imos divulgar.

  • Porque é un traballo que fixemos, que nos custou e que queremos compartir cos demais como algo que ten valor e contribúe á construción do coñecemento.

  • Porque narrar aos demais noso proxecto afianza a nosa aprendizaxe.

  • Tamén é útil a divulgación para evidenciar os nosos erros. Non debemos ter pudor en ensinar aos demais en que fallamos e como resolvemos os problemas derivados deses fallos. Podemos indicar como resolvemos os conflitos no grupo de traballo. O noso esforzo pode servir a outros (e a nós mesmos ao lembralo) no seu traballo con futuros proxectos.

Portada dun períodico co título "A voz dos proxectos" e subtítulo "Publicación do Proxecto Inv-Trat_Div do noso Grupo de Traballo INVES."

Imaxe creada en AddLetters.

Para que todo o anterior sexa posible é necesario preparar os contidos que imos facer públicos de forma que sexan entendibles facilmente. Tamén teremos que pensar de que forma imos realizar a divulgación.

Fundamentalmente ábrense tres vías, que deberían abordarse conxuntamente:

  • A preparación do propio produto en si, como ferramenta informativa fundamental para cumprir o obxectivo do proxecto.

  • Un traballo de recompilación e elaboración dos aspectos fundamentais do proxecto e do produto resultante. O traballo pódese publicar na rede, pódese expor ou mesmo como un produto audiovisual. (Dependerá en grande medida da tipoloxía de produto que teñamos creado).

  • Unha presentación pública do proxecto. Debe facerse ao grupo clase por suposto, pero tamén ao centro e á comunidade en xeral. Debemos darlle a importancia que se merece a esta presentación e coidar a posta en escena.

Recomendación

É importante considerar o público obxectivo ao que vai destinada o noso produto, a nosa publicación e/ou presentación (non teñen que ser ao mesmo público estas tres cousas).

Teremos que adaptar o traballo aos nosos interlocutores.

  • Usaremos unha linguaxe específica do proxecto e o seu ámbito, pero buscando a comunicación co público obxectivo. (Non é o mesmo preparar o traballo para as miñas compañeiras/vos, para adultos ou para un cole de primaria).

  • Estudo tamén o escenario de publicación: na rede, en papel,?

  • Desenvolvo o traballo de forma eficaz e atractiva para o público obxectivo.

Público Obxectico

Colectivo de persoas con certas características en común cara ás que encamiñamos a nosa acción divulgadora ou publicitaria cun determinado fin.

Para saber máis

Parte destas recomendacións e outras moitas están en la páxina web que enlazamos a continuación. (Está en francés)

      Acceso á páxina web Chercher pour trouver que se abre nunha ventá nova.