Saltar navegación

A publicación.

Á parte do produto final, que xa temos listo, para a súa divulgación e a do propio proceso proxectual deberemos crear documentos ex professo. A non ser que o noso produto non o requira, coma por exemplo unha exposición na que coma moito crearemos documentación publicitaria. Noutros produtos de, digamos, dixestión máis longa, debemos axudar a divulgar o resultado das nosas investigacións con documentos de consumo rápido: pequenos documentos, carteis, publicacións en blogue, artigos,…

A continuación temos algunhas recomendacións para parte deste tipo de produtos de divulgación.

En primeiro lugar temos Como escribir un artigo de revista, publicado en wikiHow.

A continuación apórtannos algunhas pistas para crear bos folletos publicitarios.

Nesta presentación entramos o mundo dos carteis.

E si queremos enriquecelo con máis información podemos facer unha infografía, como nos explican a continuación.

Por último un completo recurso sobre a Crecaión de Material Multimedia, na Aula Virtual da plataforma de educación a distancia da Junta de Andalucía. Podemos consultar aquí a forma de traballar con vídeos, áudios, imaxes e blogues.

Acceso ao recurso Crecaión de Material Multimedia nunha nova ventá.

Para saber máis

Neste interesante cómic do Proxecto Autodidacta temos as pautas máis importantes para crear e manter un blogue.

Buenas Prácticas Con Blogs

Buenas prácticas con BlogsProyecto Autodidacta. Licencia: Creative Commons BY-SA.