Saltar navegación

Xestión dos eventos.

Foto dun frigorífico con letras de imán que recordan eventos e tarefas.

Eventos e Fitos a man. creada en http://www.addletters.com/

Un evento, no mundo dos proxectos, é un suceso de importancia que se atopa programado. Eventos son, dende logo, o inicio e o fin do proxecto. Para a nosa vida diaria un evento é unha cita co médico, un concerto ao que temos programado asistir, ou un exame. A cita e o concerto témolas en conta no noso calendario, porque nos afectarán cando cheguen. Non obsatante o evento exame obríganos a programar unha serie de tarefas previas a que este evento ocorra (ler o tema, facer esquemas, exercicios, preguntar dúbidas,…). Na programación de proxectos os eventos son momentos concretos que poden determinar a secuencia e o ritmo das tarefas. Na execución podemos ter programados eventos para acabar diferentes partes e comprobalas, ou para realizar determinadas entregas.

Un fito é unha tarefa de duración cero que indica un logro do proxecto. Non é necesariamente un evento. Un evento é o exame, un fito é realizar o exame ou, mellor aínda, telo aprobado. (Poderiamos ter varios eventos exame para un único fito de aprobar).

A xestión de eventos e fitos no proxecto é de gran importancia e se complementa coa das tarefas, inseríndoos tamén na programación.

Cando realizamos un planning ou cronograma do proxecto cunha aplicación, (como Ganttproject); o evento créase mediante a ferramenta fito, xa que o programa non os distingue. Poñeriamos o seu nome e adxudicariámoslle unha duración estimada cero. Para distinguir fitos de eventos debemos empregar nomes distintos e distinguir as cores, cambiar a icona de fito, que por defecto é o rombo, por outra figura,…

 

Un Evento é un suceso de importancia no proxecto que está programado.es un suceso de importancia que se encuentra programado.

Un Fito é unha tarefa de duración cero que indica un logro no proxecto.

Para saber máis

A seguinte presentación explícanos como deseñar eventos e fitos nun plan de proxecto.

Diagrama de Hitos. De Genaro Reyna en prezi.