Saltar navegación

A creatividade

A creatividade é unha actividade do pensamento que xera solucións novas a un problema determinado. Aquí xoga un papel fundamental a imaxinación.

Teremos éxito cando, baseándonos nos obxectivos e condicións do proxecto, e na información coa que traballamos, sexamos capaces de achegar novidade á solución do problema inicial.

Para ser creativo necesitamos coñecementos concretos sobre o tema, un método de traballo e unha mentalidade aberta capaz de xerar ideas novas.As ideas non veñen soas: sen método e coñecementos non se nos vai a ocorrer nada útil.

Recomendación

Algunhas das técnicas creativas que podes usar son:

  • Cambiar o enfoque habitual da formulación do problema. Consiste en ver o problema desde outro ángulo, variando incluso as súas condicións iniciais. Desta forma podes liberar o pensamento de ideas preconcibidas e pódesche fixar en aspectos que antes che pasaban desapercibidos.

  • Utilizar analoxías para establecer relacións de semellanza entre cousas distintas. Podes analizar solucións a problemas semellantes, establecendo así puntos de contacto entre situacións aparentemente moi diferentes. Non se trata de buscar a diferenza sen máis, ás veces unha solución simple parecida a outra xa existente é o mellor.

A espiral da creatividade.

Manuel Torres Búa. Espiral da creatividade (CC BY-SA)