O proceso de execución.
A execución é a fase onde desenvolvemos a proposta completa de acordo cos criterios ou estándares definidos e a programación: construímos o noso produto de acordo cos nosos propósitos.
A execución do proxecto implica a gran cantidade e actividades, polo que hai que xestionala con celo. Para garantir o éxito debemos ser respectuosos coa planificación e estar atentos a calquera incidencia que nos obrigue a rectificar.
A continuación temos a presentación do proceso de execución do proxecto.
Recomendación
Si seguimos o método de proxectos, todas e cada unha das fases; poderemos chegar a solucións viables. Outra cousa son as ideas felices, froito dunha falsa inspiración que aparentemente valen, pero que durarán pouco. Se non hai reflexión, se non hai investigación non acode a inspiración.
Para ter éxito na execución do noso proxecto revisamos:
-
O cumprimento dos obxectivos e criterios do proxecto
E para iso teremos que:
-
Aplicar ordenadamente o proceso.
-
Corrixir a planificación en función dos problemas cos que nos vaiamos atopando.
-
Respectar as normas e boas prácticas no uso das aplicacións, equipos e instalacións …