Algunhas ferramentas.
Ademais do xa visto en canto á competencia no mundo das TIC, e ás competencias no traballo colaborativo en proxectos; existen certas ferramentas ou estilos de traballo importantes, sobre todo nesta fase do proxecto. Son, ademais, habilidades moi necesarias para desenvolvernos no mundo da información e do coñecemento. Neste apartado destacamos a Lectura Comprensiva de textos e a elaboración de Mapas Mentais.
Lectura comprensiva
Denomínase así á actividade de lectura que ten coma fin identificar, interpretar e comprender a totalidade dos contidos do texto.
Non sempre é preciso realizar una lectura comprensiva. Por exemplo cando exploramos as fonte “á caza” da información para o noso proxecto, o que empregamos máis ben son estratexias de procura eficaz e de lectura rápida para revisar moitas fontes e seleccionar o que nos sexa útil.
Neste caso estamos analizando a información xa seleccionada. Necesitamos valorala e comprendela, polo que debemos realizar una lectura comprensiva.
No artigo que ven a continuación explícannos o proceso que debemos seguir para a comprensión dun texto.
Para saber más
No seguinte enlace tes o documento 10 claves para aprender a interpretar, de ler.es onde nos amosan algúns consellos para realizar unha boa interpretación da información que estamos lendo.
Acceso ao documento 10 claves para aprender a interpretar. (ábrese nunha nova ventá).
Outra valiosa ferramenta para analizar a información é a elaboración de mapas mentais.
Recomendación
Una valiosa herramienta: Los Mapas Mentales.
Un mapa mental es un diagrama usado para representar las palabras, ideas, tareas y dibujos u otros conceptos ligados y dispuestos radialmente alrededor de una palabra clave o de una idea central. Los mapas mentales son un método muy eficaz para extraer y memorizar información.
(De Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Mapa_mental).
Mapa mental
Un mapa mental é un diagrama usado para representar as palabras, ideas, tarefas e debuxos ou outros conceptos ligados e dispostos radialmente ao redor dunha palabra crave ou dunha idea central. Os mapas mentais son un método moi eficaz para extraer e memorizar información.
(De Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Mapa_mental).
No seguinte recurso didáctico da Diputación de Guipuzkoa ensínannos a realizar mapas mentais.
Para saber máis
Podes descargar o seu Manual de Mapas Mentais na seguinte ligazón:
Acceso ao Manual básico de mapas mentales. (ábrese nunha nova ventá).