Selecionando ideas
Avaliamos en grupo todas as ideas propostas, e fixémolo de forma obxectiva, reflexionando sobre unha serie de preguntas, poñendo en común nosas opinións e, finalmente, valorándoas nunha matriz. Chegou o momento de seleccionar a idea que imos desenvolver. Será a proposta do noso grupo para crear un produto que *solucine o problema ou necesidade de orixe.
Debemos ter en conta os seguintes consellos:
-
Evitar discutir cegamente por opinións propias. É fácil encerrarse no que un cre, pero quizá sen escoitar o que outros realmente están a dicir. É necesario asegurarse de escoitar co mesmo coidado co que uno fala.
-
Non cambiar de opinión só por chegar a un acordo. Se non se está satisfeito coa solución agora, é probable que sexa o mesmo moito despois, cando xa se estea facendo o traballo.
-
É fácil ver a situación como un todo ou nada: alguén ten que gañar e alguén ten que perder. Iso non é necesariamente o caso. Se o grupo está entre dúas diferentes posibilidades, sería bo ver se unha terceira sería máis aceptable para todos os involucrados.
-
Se as persoas están a frustrarse ou non se está progresando, débese tomar un descanso. Sería boa idea traballar en algo diferente por algúns minutos, ou suspender ese día. En ocasións, tan só un breve respiro pode darlle á xente unha nova perspectiva.
Que pasa se non se pode chegar a un acordo?
Se a través da discusión non se chega a unha proposta coa cal todos estean de acordo, deberemos empregar as puntuacións obxectivas que nos saen da matriz de valoración das ideas. De entre as ideas con maior puntuación, por exemplo as tres primeiras, votaremos para escoller a que imos desenvolver..
Cando se trata de como tomar unha decisión, débese alcanzar un consenso entre todos os membros do grupo. A elección por consenso, (discutir e debater as posibilidades ata que todo o mundo chega a un acordo), é á mellor opción porque todo o mundo é parte da solución. Iso non quere dicir que sexa fácil chegar a un consenso. Ás veces, podería ocorrer, que cando o grupo examinou coidadosamente todas as opcións á súa disposición, unha resalta claramente como superior ás demais. Con todo, cando a solución non é tan evidente, pode ser todo un reto establecer un acordo.