Saltar navegación

Avaliando as ideas.

 

As ideas que se nos ocorreron deben pasar pola proba de lume da avaliación. Xeramos unha serie de ideas entre todas/vos, quizais sen ter en conta todos os aspectos do problema. Agrupamos ideas similares e sintetizado a listaxe. Agora é o momento de valorar cada idea. A avaliación que imos facer consiste en valorar as vantaxes e inconvenientes que se poden detectar nas primeiras propostas e corrixilos. Débese moldear a idea en función das condicións iniciais e a viabilidade.

Para valorar unha idea temos que fixarnos en múltiples puntos de vista, valorar os aspectos negativos e positivos e escoller a máis adecuada. A adecuación ás condicións iniciais, á realidade e á solución do problema é o que debe rexer a selección.

Debemos ter sempre presente no grupo de traballo as condicións do proxecto e a solución ao problema, facendo unha serie de preguntas sobre as diferentes ideas presentadas. De común acordo haberá que seleccionar as mellor valoradas. No modelo de documento 3.- Deseño do produto temos esas preguntas.