A rede de redes: fonte de información.
A rede de redes é unha fonte de recursos informacionais indispensable para calquera investigación. Con todo é habitual cometer varios erros á hora de empregar este recurso que poden levar ao fracaso desta etapa do proxecto, a que a información sexa errónea ou que o proceso se estenda demasiado no tempo.
O primeiro que debemos ter en conta é que internet non é o noso único recurso nin, moitas veces, o máis efectivo.
Debemos iniciar a busca cando teñamos claro que é o que necesitamos, en que fontes podémolo atopar e que termos de busca e operadores imos utilizar. Introducir frases xerais nun buscador como Google non é que non poida aportar algo útil, é que a información útil estará enmascarada entre multitude de informacións que non nos valen. Debemos respectar os procedementos explicados neste tema antes de abordar a busca.
A continuación inclúense algúns recursos importantes que nos poden axudar no noso proceso de capacitación como investigadores.
Na seguinte presentación de Xornalismo Dixital explícannos os pasos fundamentais para investigar con internet.
Pasos para investigar con Internet. De Periodismo Digital en prezi.
A continuación temos o manual Investigación, xestión e procura de información en internet, elaborado para o Ministerio de Educación arxentino. É un recurso moi completo e moi útil, con moitos exemplos e recomendacións
Finalmente na páxina esdelibro (http://www.esdelibro.es/) temos a Guía do investigador dixital que aparece a continuación.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0