Buscando problemas.
Se estamos decididos a afrontar un Proxecto de investigación, tratamento e divulgación da información, (proxecto ITD),teremos que ser moi coidadosos cos pasos que imos dar. Os proxectos teñen a súa propia metodoloxía: O Método de Proxectos. É o sistema por excelencia para resolver problemas. O noso proxecto será un conxunto de operacións ordenadas que realizaremos de forma coordinada encamiñadas a resolver un problema que se nos propón de partida. Este problema ou reto é a proposta.
Neste primeiro apartado estudaremos con detalle esta proposta de investigación: coutarémola, definirémola correctamente e extraeremos os obxectivos que guiarán todo o noso proceso de traballo.
É posible tamén que a proposta inicial non nos veña dada. Nós mesmos podemos converternos en buscadores de problemas. Poderemos atopar temas do noso interese susceptibles de abordar nun proxecto.
¿Queres ver cómo?

Problem Solving. De geralt en pixabay. Licenza: dominio público.